Promoven unha acción ‘Monterrei versus Viños Internacionais’

O Consello Regulador impulsou a iniciativa, destinada aos integrantes do Panel de Cata e membros do Órgano de Control da entidade

Publicidade
Promoven unha acción ‘Monterrei versus Viños Internacionais’

O Consello Regulador da D.O Monterrei impulsou a iniciativa ‘Monterrei vs Viños Internacionais’, destinada aos integrantes do Panel de Cata e membros do Órgano de Control da entidade.

A proposta márcase como obxectivo dar a coñecer a realidade cualitativa de Monterrei respecto a competencia internacional, así coma os seus valores diferenciais. Para iso, mostráronse as tendencias do mercado e as estratexias de comercialización.

Ademais, as persoas asistentes puideron catar a cegas máis de 20 viños internacionais (de distintos rangos de prezos) e elaboracións tipolóxicas da DO Monterrei, que permitiron constatar as diferenzas e similitudes existentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información