Promoción da carne de vacún de razas autóctonas este domingo no concello lugués de Baralla

Daniel García xunto a Francisco Monasterio (Directivo), José Zapata (organización), Diego Rois (veterinario), Anisia Arias (Enxeñeira Agrónoma) de Boaga, Jose Antonio García Díaz e Jose Manuel Núñez Fernández, da  Asociación de Veciños de Sobrado do Picato.

Daniel García xunto a Francisco Monasterio (Directivo), José Zapata (organización), Diego Rois (veterinario), Anisia Arias (Enxeñeira Agrónoma) de Boaga, Jose Antonio García Díaz e Jose Manuel Núñez Fernández, da Asociación de Veciños de Sobrado do Picato.

O programa de promoción de produtos de razas autóctonas “Un gusto de rural, un rural de gusto” da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo estará presente na Festa de Pascua de Sobrado de Picato, en Baralla, organizada pola Asociación de Veciños.

O domingo 20 de abril, na última xornada das celebracións que comezan o venres, ofreceranse para degustación gratuíta croquetas e mini hamburguesas de carne de vacún de razas Cachena e Frieiresa.

Trátase de elaboracións preparadas por Boaga (Federación Galega de Razas Autóctonas) con carne José Rodríguez Teijeiro, criador de Frieiresa do concello de Begonte, e Montserrat Calvo Iglesias e Manuel Doval Díaz, da gandería “Cachenas O Antoxo”, do concello do Corgo.

O deputado de Rural Daniel García presentou a actividade xunto a representantes de Boaga, criadores e representantes da Asociación de Vecinos, nun acto en que destacou ” a oportunidade que estas festas populares ofrecen para promocionar os produtos de razas autóctonas, carne de primeira calidade de ganderías da provincia” e lembrou que “consumir estes produtos é unha forma de contribuír colectivamente á viabilidade das granxas e o futuro dun sector fundamental para a conservacion do territorio e a fixación de poboación no rural”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información