Prohibidas as queimas agrícolas e forestais de particulares a partir de sábado

Debido ás condición meteorolóxicas , dende hoxe non se darán máis permisos, e os xa concedidos quedarán en suspenso desde este sábado

Prohibidas as queimas agrícolas e forestais de particulares a partir de sábado

As restriccións afectan tanto a queimas de restos agrícolas como forestais

A Xunta de Galicia prohibe, a partir das 00.00 horas do sábado 29 de xaneiro, as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia, quedando excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. Isto implica que, dende hoxe, non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste vindeiro sábado.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica, e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén, tendo en conta que a normativa -Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais- prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este sábado e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información