A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Programa do IV Foro Activistas do Rural o próximo 1 de outubro en Lugo

Durante o evento, que se celebrará no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), Grupo Lence presentará os resultados do II Observatorio Activistas do Rural, centrado nesta edición no liderado feminino no campo

Fotografía de la presentación del I Observatorio Activistas del Rural el pasado mes de septiembre de 2025 en A Coruña

Presentación de resultados do I Observatorio Activistas do Rural o pasado mes de setembro na Coruña

Vente ti a Lugo. Con esas palabras, o músico lucense Abraham Cupeiro propuxo ao equipo de Gladiator II que, en lugar de desprazarse el para gravar a súa participación na banda sonora da película, fosen eles os que viñesen a Lugo. E funcionou: parte da música da superprodución de Hollywood acabou gravándose na cidade.

Agora Grupo Lence recolle a luva e converte a frase nunha invitación a asistir ao IV Foro Activistas do Rural, o vindeiro 1 de outubro en Lugo, para falar de quen están construíndo o presente e o futuro do rural. E o propio Abraham Cupeiro estará alí para pechar a xornada cunha actuación. Para anunciar o foro, Grupo Lence levou esta invitación ás rúas cunha acción de pegada de carteis baixo este lema.

Está confirmada a participación de Eva D. Castro Outeiriño, presidenta de ONU Mulleres España, e Anjhara Gómez Rodríguez, presidenta de Mulleres Líderes de Galicia

O encontro, de asistencia gratuita previa inscricióncelebrarase no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). A xornada comezará ás 10:00 horas coa recepción e acomodo dos asistentes e ás 10:30 terá lugar a apertura institucional. Durante o evento, Grupo Lence presentará os resultados do II Observatorio Activistas do Rural, centrado nesta edición no liderado feminino no campo.

Con esta cuarta edición, Grupo Lence volve impulsar o Foro Activistas do Rural como un espazo de encontro e diálogo para dar voz a quen vive, traballa, emprende e xera oportunidades no rural, e para poñer sobre a mesa os retos que marcarán o seu futuro.

Unha xornada para falar do futuro do rural

O programa da xornada estará centrado en analizar o papel clave da muller no asentamento de poboación no rural e na importancia da formación dos mozos para garantir o relevo xeracional nas explotacións agrogandeiras.

10:30 horas. O foro comezará coa benvida de Carmen Lence, presidenta de Grupo Lence, e a apertura institucional, na que participarán as autoridades presentes. Entre elas estará Elena Candia, alcaldesa de Lugo, e outras aínda por confirmar.

11:15 horas. Chegará un dos momentos centrais da xornada: a presentación do II Observatorio Activistas do Rural: liderado feminino no campo, impulsado por Grupo Lence. O estudo pon o foco na realidade, a contribución e o liderado das mulleres no medio rural.

As súas conclusións darán paso á mesa “Elas sosteñen o rural: liderado feminino no campo”, coa participación de Eva D. Castro Outeiriño, presidenta de ONU Mulleres España; Anjhara Gómez Rodríguez, presidenta de Mulleres Líderes de Galicia; e Carmen Lence, presidenta de Grupo Lence, entre outras participantes. Próximamente, confirmarase algunha poñente máis para esta mesa.

12:30 horas. A mesa “O rural na axenda política” reunirá a representantes do PPdeG, PSdeG e BNG para abordar os principais retos dos territorios rurais e o papel das políticas públicas para xerar oportunidades e garantir o seu futuro.

13:30 horas. Os estudantes das EFA (Escolas Familiares Agrarias de Galicia) presentarán un decálogo do rural coas súas propostas e a súa visión sobre o futuro destes territorios. A sesión da mañá finalizará cun cóctel networking entre as 14:00 e as 15:30 horas.

15:30 horas. A programación retomarase con “Sementar futuro: a educación como motor do rural”, unha mesa dedicada ao papel da formación para xerar oportunidades, fixar poboación e favorecer o relevo xeracional, protagonizada por voceiros das EFA.

16:00 horas. Os alumnos e alumnas das Escolas Familiares Agrarias de Galicia (EFA) tomarán a palabra para facer a reflexión final do foro sobre o que escoitaron ao longo do día.

16:15 horas. O círculo pecharase onde comezou esta historia: Abraham Cupeiro poñerá o broche final ao IV Foro Activistas do Rural cunha actuación, antes do peche oficial previsto para as 17:00 horas.

Lence Vente tú a Lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *