O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa lanza o seu Programa Integral de Formación Apícola 2020-2021 no que ofrece un completo programa para formarse como apicultor.
A formación está organizada en tres módulos:
1- Introdución á apicultura e produtos da colmea
2- Invernada, mantemento e preparación das colmeas
3- Reprodución do apiario e outros produtos da colmea
Para inscribirse é preciso chamar ao 981 73 30 51 ou enviar un email a formacion@fonteboa.es
A formación impartirase de finais deste mes de outubro a xuño do vindeiro ano, todos os mércores indicados en horario de 19 a 21 h.
O custo de cada módulo é de 70 € (Socios Asociación EFA Fonteboa 60 €) e do programa completo 180 € (Socios Asociación EFA Fonteboa 150 €).
Velaquí o programa completo: