O Centro de Promoción Rural EFA -Fonteboa, de Coristanco (A Coruña) organiza un “Programa integral de formación apícola”, que se estenderá todos os mércores, en horario de 19:00 a 21:00 horas, dende o 30 de outubro ao mes de xuño de 2020.
A formación inclúe tres módulos:
1: Introdución á apicultura e produtos da colmea
2: Invernada, mantemento e preparación das colmeas
3: Reprodución do apiario e outros produtos da colmea
O prezo por módulo é de 70 euros (60 para as persoas socias da Asociación EFA Fonteboa) e de 180 euros os módulos (150 para os socios).
Para anotarse é preciso chamar ao teléfono 981 73 30 51 ou enviar un correo a formacion@fonteboa.es
Velaquí o programa completo: