O I Foro da la de Galicia é unha iniciativa organizada por Ovica que pretende visibilizar a situación que existe coa la das ovellas, un material hoxe en día de difícil saída, e poñer en valor os seus usos, tanto tradicionais como innovadores.
O encontro terá lugar no soto da Praza de Abastos de Lugo, os días 14 e 15 de setembro, en horario de 11h a 19h. e alí poderanse atopar postos de exposición e venda das diferentes iniciativas ao redor do mundo da la, así como actividades paralelas, como proxección de documentais e actuacións musicais.
Desde Ovica, lembran que levan varios anos traballando na cuestión da la, falando con cooperativas de fóra de Galicia, así como coa creación dun grupo de traballo a nivel galego relacionado co material.
Detallamos a continuación o programa:
.