Programa e ficha de inscrición no “II Encontro Enolóxico Galego”

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 01/09/2017
Data fin: 01/09/2017
Lugar: Casal de Arman SL, Ribadavia, España

O vindeiro 1 de setembro celebrarase nas adegas Casal de Armán, en Ribadavia, o “II Encontro Enolóxico Galego”, no que destacados profesionais do sector vitivinícola exporán as últimas innovacións en enoloxía.

Este evento está organizado pola Asociación Galega de Enólogos (AGE) e conta coa colaboración, entre outros, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).

A inscrición debería remitirse vía e-mail a enologosgalegos@gmail.com, ou ben a evega.medio-rural@xunta.gal

Descarga aquí o:
-Programa
-Ficha de inscrición.

Programa do “II Encontro Enolóxico Galego”

09:00-09:40 LALLEMAND: “Medio ambiente da fermentación para potenciar os aromas no viño”. Carlos Suárez, manager general Lallemand España-Portugal.

09:40-10:20 AEB: “A Xestión das reducións fermentativas”. Juan Carlos Andrés, coordinador técnico de AEB zona noroeste.

10:20-11:00 AGROVIN: “Propostas antioxidantes para limitar a evolución dos viños brancos”. Rebeca Lapuente Pérez, departamento técnico de Agrovín.

11:00-11:40 DOLMAR: “O teu viño baixo o microscopio, ¿Sabes identificar os precipitados?”. Ana Otero, drectora de Laboratorio Dolmar.

12:00-12:30 COLOMBIN: “O corcho ideal leva discos con poro horizontal”. Marco Vendrame, responsable de Investigación e desenrolo de Colombin.

12:30-13:00 ENARTIS: “Enartis Stab Revolution, nova xeración de produtos para a total estabilización coloidal dos vinos”. Pablo Izquierdo, director Técnico de Enartis en España e Sur América.

13:00-13:30 Nomacorc: “Influenza do osíxeno na calidade do viño”. Marta Arranz, responsable comercial para España e Portugal de Nomacorc, e Sebastien Andrés, director comercial para España e Portugal de Nomacorc.

13:30-14:45 Catas:
-COLOMBIN: Cata de branco, tinto, rosado e espumoso italianos con corcho
de discos de poro horizontal.
-ENARTIS: Cata de rosados e tintos estabilizados con produtos de nova xeración.
-NOMACORC: Cata de branco, rosado e tinto con diferentes peches.

15:00 Xantar e homenaxe 15 aniversario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información