A Unión de Cooperativas EspazoCoop dá inicio ao Programa de formación en xestión FORMACOOP, que se imparte nos meses de febreiro a maio de 2026 ofrecendo 4 cursos especializados de teleformación, gratuítos e impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop.
O programa créase como unha iniciativa integral para mellorar as competencias e o desempeño profesional en xestión cooperativa nos ámbitos económico, comercial, societario, e de planificación estratéxica de empresas cooperativas. Trataranse temas como coñecer o proceso contable e a súa relación co resto das áreas da cooperativa para a toma de decisións, pasando pola interpretación de estados financeiros, uso de ferramentas de apoio na xestión contable, a capacitación para a xestión comercial, ata a divulgación de recursos de planificación estratéxica para equipos e socias con responsabilidades directivas nas cooperativas.
Trátase dun itinerario formativo que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 100 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe.
Cursos do programa
– Contabilidade Cooperativa Nivel 0 (25 h). Do 10 de febreiro ao 2 de marzo de 2026
– Formación Comercial: Coopera, Comunica e Vende (25 h). Do 3 ao 22 de marzo 2026
– Formación para Cadros Directivos de Cooperativas (25 h). Do 7 ao 26 de abril 2026
– Contabilidade Cooperativa Nivel Pro (25 h). Do 5 ao 25 de maio 2026
O primeiro dos cursos inicia o día 10 de febreiro de 2026 e para todos é preciso previa inscrición.

Galego









Control OJD