A Feira Cimag – Gandagro arranca este xoves en Silleda con 168 expositores directos

O evento contará con máis de 40 conferencias, concursos e demostracións. Charlas sobre a incorporación ó agro, as novidades da PAC, razas autóctonas e senllos monográficos de porcino e coellos, conforman algúns dos principais puntos do programa

Publicidade
A Feira Cimag – Gandagro arranca este xoves en Silleda con 168 expositores directos

Montaxe hoxe en Cimag Gandagro.

Data inicio: 02/03/2023
Data fin: 04/02/2023
Lugar: Recinto Feiral de Silleda, Rúa Feira Internacional de Galicia, Silleda, España

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, abrirá as súas portas desde mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia coa presenza de 424 firmas expositoras de 26 países, das cales 168 son expositores directos e 256 son marcas representadas.

Os expositores directos, que proceden de distintos puntos de España, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia e Portugal, ocupan unha superficie neta de 11.827 metros cadrados. Esta repártese entre os dous pavillóns principais do recinto, parte do paseo central e unha gran carpa anexa ao pavillón 2, que albergará as ganderías de vacún frisón, supoñendo unha superficie bruta de máis de 25.500 metros cadrados.

A programación da Feira inclúe tamén máis de 40 conferencias, concursos e demostracións de maquinaria. Pódese consultar neste enlace o programa completo.

Algunhas das accións principais previstas son as seguintes:

XOVES 2 DE MARZO

10 – 14 h. Xornada informativa para a incorporación de persoas mozas ó rural. Organiza a Consellería do Medio Rural. Inclúe charlas sobre a execución do plan empresarial e xustificación das axudas (10.15 h.), sobre o novo caderno de explotación (11 h.) e sobre seguros agrarios, así como a presentación dun caso de éxito na incorporación (13.15 h.).

16 – 17.30 h. Xornada sobre as principais novidades da PAC 2023. Intervirá José Luis Acción, xefe de axudas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Organiza Abanca.

VENRES 3

10 – 13.30 h. Monográfico de gando porcino. Organiza a ADSG de Silleda. Falarase sobre os retos do sector e sobre como afrontar a nova lexislación medioambiental.

11 – 14 h. Concurso de preparadores de Cimag – Gandagro.

11 – 11.30 h. – A importancia da dieta e o manexo para a reducción de medicamentos na gandería. Daranse a coñecer iniciativas para a redución de antibióticos e antiparasitarios en gandería intensiva. Organiza a Fundación Empresa Universidade (Feuga).

12 – 14 h. – Xornada técnica da raza fleckvieh.

12 – 12.30 h. Agricultura de precisión con millo forraxeiro en Galicia. Organiza Feuga.

12.30 – 14 h. – Xornada técnica ‘Prelacto, novo enfoque no manexo da transición’. Organiza De Heus.

16 – 18 h. – Concurso de novos manexadores.

SABADO 4 DE MARZO

10 – 14 h. Concursos de gando, nas seccións de xovencas e terneras.

11.30 – 13.30 – Xornada de cunicultura. Organiza Cogal.

11.30 – 13.30 h. – Xornada PAC e razas autóctonas. Organiza Boaga.

15.30 – 19 h. – Concursos de gando. Vacas en lactación e grupos.

Pódese consultar neste Pdf o programa completo de actividades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información