Programa das Xornadas Apícolas do Eume, os días 12 e 13 de outubro en Goente

A Casa do Mel centrará este ano a parte formativa na preparación das colmeas para a invernada, cunha ponencia técnica a cargo do veterinario apícola Carlos Marín Barcáiztegui

curso apicultura Casa do Mel de Goente2A Casa do Mel de Goente (As Pontes) celebra os días 12 e 13 de outubro as Xornadas Apícolas do Eume, que chegan este ano á súa 25 edición cun programa que inclúe actividades formativas o sábado 12 e feira do mel o domingo 13.

Os temas que centrarán a xornada do sábado serán unha charla técnica a cargo do veterinario apícola Carlos Marín Barcáiztegui sobre a preparación das colmeas para a invernada e unha ponencia do biólogo e apicultor profesional Carlos de Castro dirixida a dar consellos a novos apicultores.

Darase conta dos avances no programa de selección, cría e mellora xenética da abella negra galega

Daranse tamén os resultados do Plan Apícola da asociación deste ano e falarase dos avances do Grupo Operativo PANEGA e os traballos que están a realizar dentro do programa de cría e mellora xenética da abella negra autóctona galega.

O domingo será a Feira do queixo e do mel, que chega este ano á edición número 14 e que xuntará a produtores de toda a comarca. Para máis información e inscricións pode contactarse coa Casa do Mel no teléfono 661003616 e no email casadomel@vodafone.es.

Xornadas Apicolas do Eume 2024 Casa do Mel de GoenteXornadas Apicolas do Eume 2024 Casa do Mel de Goente2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información