Programa das Xornadas Apícolas do Eume

Terán lugar o sábado 11 de outubro na Casa do Mel de Goente e tratarán temas como a importancia dos ácidos orgánicos e as substancias naturais no control da varroa e o cultivo do castiñeiro como especie melífera

A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, volverá acoller na fin de semana do 11 e 12 de outubro as Xornadas Apícolas do Eume, que chegan este ano á súa 26 edición. O sábado será o día adicado á formación, con ponencias sobre a importancia dos ácidos orgánicos e as substancias naturais para o tratamento da varroa e sobre o cultivo do castiñeiro como especie melífera. 

Ao día seguinte, o domingo 12, será a feira do mel e do queixo, con presenza de produtores locais de ámbolos dous produtos, así como obradoiros, degustacións e postos de artesanía e artesanía alimentaria. 

programa xornadas apicolas Casa do Mel 2025programa xornadas apicolas Casa do Mel 2025 2feira do queixo e do mel de Goente 2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información