Programa das IV Xornadas Técnicas sobre Calidade do Leite en Ribadeo

Publicidade
Programa das IV Xornadas Técnicas sobre Calidade do Leite en Ribadeo
Data inicio: 28/10/2016
Data fin: 29/10/2016
Lugar: Auditorio Hernan Naval, Calle Buenos Aires, Ribadeo, España

Os próximos 28 e 29 de outubro terán lugar na vila lucense de Ribadeo as IV Xornadas Técnicas sobre Calidade do Leite, organizadas por FarmVet Asesoramento Gandeiro.

As xornadas, que se celebrarán no auditorio Hernán Naval, contan co seguinte programa científico:

Venres:

9:00 a 10:00 horas. Entrega de documentación

10:00 a 10:30 horas. Inauguración das xornadas polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

10:30 a 11:30 horas. Relatorio inaugural: “O período de transición e a súa relación coa saúde da ubre e a produtividade en vacas de alta produción leiteira”. Rodrigo Bicalho. Cornell University (Estados Unidos).

11:30 a 12:00 horas. Pausa café.

12:00 a 13:00 horas. “Tratamentos en mastite bovina ¿algunha novidade?”. Alejandro Ceballos, Universidade de Caldas (Colombia).

13:00 a 14:00 horas. “Cara a un uso racional de antibióticos na produción leiteira”. Alejandro Ceballos, Universidade de Caldas (Colombia):

14:00 a 16:00 horas. Comida de traballo.

16:00 a 18:00 horas. Comunicacións libres

“Máis aló do patóxeno”. Juan Manuel Caínzos Cagiao. Consultor técnico de rumiantes para España e Portugal.

“Apreciación técnica da eficacia de dous tratamentos fóra de lactación na gandería leiteira española”. Matilde Hernández Solís. Servepo (A Pontenova).

“Estudo sobre o impacto na fertilidade en vacas con mamites tratadas con Meloxicam (Metacam)”. Cristiana Justo, Trialvet.

“Utilización da app Cronomilking na avaliación da rutina de muxido: Resultados e análises”. Alejandro López Castiello, Alpavet S.L.P.

“Patóxenos mamarios: necesidade de identificación a nivel de especie”. María Luisa Barreal, directora técnica do Ligal.

18:00 a 18:30 horas. Pausa café.

18:30 horas: Mesa redonda. “Usos responsables de antibióticos: redución do uso de antimicrobianos na produción de leite”.

-Cristiana Justo, veterinaria clínica de Trialvet (Madrid).
-Manuel Cerviño, director técnico de rumiantes de Boehringer Ingelheim para España.
-Sabela Oca González, xefa de calidade de Capsa Food.
-Gerardo Cuesta Rivero, xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria en Producións Gandeiras da Xunta de Galicia.

Sábado:

10:00 a 10:45 horas: ?Novos enfoques a respecto do tratamento selectivo das mastitis clínicas?. Rodrigo Bicalho, Universidade de Cornel (Estados Unidos).

10:45 a 11:30 horas: “Secado selectivo ¿podemos?”. Demetrio Herrera (Q-llet, Cataluña).

11:30 a 12:00 horas: Pausa café.

12:00 a 12:45 horas: “Microbioma do costro e do leite e a súa relación coa saúde da glándula mamaria”. Marcela Bicalho, da Univeridad de Cornell (Estados Unidos).

13:45 a 13:30 horas: Xestión do persoal na sala de muxido. Demetrio Herrera (Q-llet, Cataluña).

13:30 a 14:00 horas: Entrega de premios e clausura das xornadas.

14:00 horas. Comida de fin de xornadas no Hotel Restaurante ?Ou Cabazo?.

Descarga aquí o programa e a ficha de inscrición nas xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información