Programa das Feiras e Festas da Primavera do Páramo, que terán lugar do 5 ao 7 de xuño

O sábado será o día dedicado ao gando vacún, con premios para os mellores exemplares e poxa de animais frisóns organizada por Africor. O domingo haberá feira cabalar e espectáculo de doma

O Campo da Feira do Páramo nun momento da edición do ano pasado

O Campo da Feira do Páramo nun momento da edición do ano pasado

O concello lucense do Páramo prepárase para celebrar do 5 ao 7 de xuño as Feiras e Festas da Primavera, unha cita que este ano chega á súa 48 edición xuntando feira de gando vacún e cabalar, exposición de maquinaria agrícola, ademais de gastronomía, música e artesanía.  

Durante os tres días, de venres a domingo, haberá exposición permanente de maquinaria agrícola, artesanía e pintura, así como pulpeiros e outros postos de comida e produtos de alimentación. Non faltará tampouco a música tradicional polo día e a verbena pola noite. O escritor Raúl Taboada será o encargado este ano de pronunciar o pregón inaugural o día 5 ás 14:00 horas. 

As Feiras e Festas de Primavera do Páramo son unha cita anual que se leva celebrando dende mediados dos anos 70. Na localidade, historicamente, celebrábase feira de gando os días 10 e 25 de cada mes e desde a Asociación de Amigos do Campo da Feira, organizadora da cita coa colaboración do Concello, pensouse en facer unha Feira de ano na que ademais de gando tamén houbera maquinaria, lembra Manuel López, actual presidente da Asociación.

O Páramo conta con medio cento de explotacións agrogandeiras, que constitúen o principal sector económico a nivel municipal

A cita serve ademais para destacar a importancia que a gandería ten para o Páramo, onde hai máis de medio cento de explotacións, que constitúen a principal actividade económica a nivel municipal, xerando emprego e riqueza a nivel local e contribuíndo á fixación de poboación nas distintas parroquias.

Poxa de Africor o sábado

Feira da Primavera O Paramo2O Campo da Feira da localidade acollerá o sábado a Feira de Gando Vacún, con concurso e desfile pola tarde, no que participarán sobre todo animais de carne de ganderías do Páramo e de concellos próximos como O Corgo ou Samos. Repartiranse uns 20 premios, tanto en metálico como en forma de trofeos entre os mellores exemplares designados por un xurado profesional.  

Por terceiro ano, o sábado ás 12 da mañá celebrarase unha poxa de gando frisón organizada por Africor

Pola mañá, haberá subasta de gando frisón organizada por Africor Lugo, na que poderán adquirirse xatas e vacas de alto valor xenético procedentes de ganderías tanto do Páramo como doutras localidades da provincia de Lugo inscritas no Control Leiteiro.

O domingo será a feira cabalar e haberá unha exhibición de doma a cargo do Club Ecuestre La Arboleda, de Cádiz

O domingo será o turno da Feira Cabalar, que terá lugar pola mañá. Pola tarde, o plato forte será un espectáculo de doma de primeiro nivel a cargo de Hípica Zahorí, de Navarra. 

La Comisión Europea afirma que la exportación de maquinaria agrícola hacia Mercosur será muy rentable al reducir el pago de derechos

Exposición de maquinaria na edición do ano pasado

cartel O Paramo 2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información