Dende este venres, 16, e ata o día 21 o Centro Cultura Carvalho Calero de Ferrol acollerá a Semana das Abellas, unhas xornadas organizadas por DAGA Ferrolterra e nas que se inclúen unha exposición educativa ambiental e charlas técnicas sobre a Vespa velutina.
A exposición educativa ambiental sobre o mundo das abellas, a súa importancia medioambiental e os problemas orixinados pola Vespa velutina estará aberta pola tarde para o público en xeral, mentres que en horario de mañá recibirá visitas de grupos de escolares.
Charlas técnicas:
-19 de novembro ás 19 h. “Os custes para os produtores de mel na loita contra a vespa asiática”. Por Ana I. García Arias e María Amparo Ferreira Golpe. Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria – Departamento de Economía Aplicada. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. USC
-20 de novembro ás 19 h. “Procura de patóxenos autóctonos de Vespa velutina”. Por Xulio Maside Rodríguez. Grupo de Xenómica Comparada de Parasitos Humanos. Grupo de Medicina Xenómica. USC
-21 de novembro ás 19 h. “Protocolo de actuación ante as picaduras dos himenópteros”. Por Pilar Iriarte Sotes. Médico Adxunto de Alergoloxía do Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.