Data inicio: 25/10/2019
Data fin: 26/10/2019
Lugar: Centro de Investigación Forestal de Lourizán, España
A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, en colaboración co CFEA de Lourizán, organiza a VI Reunión de Outono, que terá lugar os vindeiros venres 25 e sábado 26 de outubro no CFEA de Lourizán. Nesta ocasión a temática das xornadas é sobre “Manexo silvopastoral dos montes periurbans na provincia de Pontevedra”.
A xornada está aberta a todas aquelas persoas, comunidades de montes, entidades e concellos que pretendan comprender e explorar as oportunidades de manexo do monte na provincia de Pontevedra de cara a reducir a cantidade de mato e material combustible á vez que se realiza unha actividade gandeira sostible e rendible.
As inscricións serán por rigoroso orde de chegada, xa que o aforo é limitado, poden realizarse ata o luns 21 de outubro no enderezo da SGPF sgpf.galicia@gmail.com e nos teléfonos habituais (686 620 154 – 619 03 27 91).
Programa da Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes: