Programa da MOEXMU 2025, protagonista esta fin de semana do calendario agrogandeiro galego

Este venres, sábado e domingo o recinto Manuel Vila López de Muimenta acollerá unha nova edición da mostra exposición que se celebra na localidade desde fai 41 anos, co concurso de gando frisón e a poxa de animais selectos como actos centrais

Vista aérea do recinto feiral da Moexmu nunha edición anterior

Vista aérea do recinto feiral da Moexmu nunha edición anterior

O recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta acollerá esta fin de semana a MOEXMU, que terá lugar este venres, sábado e domingo. Entre outras actividades, celébrase a 39ª edición do Concurso de Gando Frisón e a Exposición de Raza Rubia Galega, así como a 29ª Poxa de Gando Selecto, o 4º Concurso de Xóvenes Peladores, o 24º Concurso de Xóvenes Manexadores e o 7º Monográfico de Can de Palleiro, ademais da habitual Mostra de maquinaria e outras novidades que encherán os 25.000 metros cadrados de espazo expositivo do recinto.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta organiza esta cita desde o ano 1985. A edición deste ano, que chega este ano, a número 41, foi presentada oficialmente este luns coa presenza de membros da organización e representantes das institucións e empresas que fan posible esta cita de referencia para o sector agrogandeiro galego e que mantén o único concurso de gando frisón que se manten vivo na provincia de Lugo.

O xuíz deste ano será o asturiano Javier Freije, que será a cuarta vez que xulgue o Concurso de Gando da Moexmu

O xuíz desta edición será o asturiano Javier Freije Freije, Xuiz Nacional de CONAFE en activo dende o ano 2004. Será a cuarta vez que xulgue a Moexmu, logo do seu paso pola cita de Muimenta nos anos 2004, 2011 e 2015.

xuiz Moexmu 2025 Javier FreijeA súa experiencia como xuíz é ampla, xulgando certames rexionais en Asturias, Cataluña, Castela e León, Andalucía, Maiorca, País Vasco, Cantabria ou Portugal. Foi xuíz tamén do X Concurso Nacional de Primavera CONAFE 2007 e do XXXIII Concurso Nacional CONAFE 2012, así como director técnico da XXXVII Escola de Xuíces Gandeiros celebrada no Valle de los Pedroches (Córdoba) en marzo do 2012 e da XXXIX Escola de Xuíces Gandeiros celebrada en Cantabria en marzo de 2022.

Casa Roxo é a segunda explotación por ICO do Principado de Asturias

Javier Freije é tamén gandeiro. Propietario da gandería Casa Roxo en Vegadeo (Asturias), unha explotación gandeira de carácter familiar, con 190 cabezas de gando (94 en muxidura), unha produción media de 11.620 kg. de leite e unha media de cualificación de 83 puntos, sendo a segunda explotación por ICO do Principado de Asturias.

PROGRAMA:

XOVES, Día 3

Ao longo de toda a xornada, terá lugar a entrada da maquinaria ao Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Igualmente, remataranse cos preparativos que ao longo dos días anteriores tanto por parte da comisión organizadora como polo persoal do Concello de Cospeito realizaron no Recinto Feiral Manuel Vila López, ademáis de ultimar as camas do gando.

VENRES, Día 4 (Día da Veciñanza)

08:00   Apertura do Recinto Feiral Manuel Vila López

08:05   Comenzará a entrada do gando no Recinto Feiral Manuel Vila López ao longo de toda a xornada e verificación da correspondente documentación. Algunha cabeza xa estará no Recinto Feiral dende o día anterior.

09:30   Colocación das exposicións cedidas pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo: Tanto do Centro de Artesanía e Deseño CENTRAD, como a de Sempre en Galiza sobre Castelao.

10:00   Ubicación ao longo de toda a xornada, dos stands e parcelas dos expositores de maquinaria, automóbiles, motos, artesanía popular, dos productos galegos de calidade e da terra, etc.

12:15   Coñece a MOEXMU dende dentro, actividade que continúa a petición dos pais/nais d@s nen@s do C.E.I.P. de Muimenta, onde se lles enseñará aos máis novos as partes menos coñecidas da Mostra Exposición, como o lavado e pelado do gando.

15:00   Remate da entrada de gando no Recinto Feiral Manuel Vila López

17:00   Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando (Organizado coa colaboración do Clube de Xóvenes Gandeiros)

18:40   Recepción por parte da comisión organizadora do inaugurador, pregoeiro e demáis autoridades que acudan ao Recinto Feiral Manuel Vila López.

18:45   Actuación musical a cargo de Leña Verde de Pol, en colaboración coa Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo.

19:00   Inauguración oficial da XLI Mostra Exposición de Muimenta MOEXMU, XXXIX Concurso de Gando Raza Frisona, XXXIX Exposición de Gando de Raza Rubia e XXXIX Poxa de Gando Selecto, a cargo da Conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, Dona María José Gómez Rodríguez.

19:30   MOvemento EXtraterreste Mutante.- MOEXMU 2.0

19:45   Lectura do “pregón” a cargo de Don Ricardo José Durán Rodríguez (Director da Fundación Semana Verde de Galicia).

20:00   Merenda para os asistentes á inauguración da Mostra Exposición de Muimenta MOEXMU, coa que se celebra o “día da veciñanza”.

Promoción dos produtos de raza autóctona Porco Celta, con ASOPORCEL, dentro do programa “Un Gusto de Rural, un Rural Degusto”, impulsado pola Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

21:30   Peche do Recinto Feiral Manuel Vila López ao público.

SÁBADO, Día 5 (Día do Gando):

09:00   Apertura do Recinto Feiral para os expositores e gandeiros.

10:00   Apertura ao público do Recinto Feiral Manuel Vila López

10:15   Apertura das instalacións para poder ver parte da exposición do Traxe Tradicional do Centro de Artesanía e Deseño – CENTRAD da Deputación Provincial de Lugo

10:30: XXXIX Concurso de Gando Frisón da MOEXMU – Sección de xata e xovencas, así como os campionatos correspondentes.

12:00   Inicio do taller de demostración de vimbio (Cestería), a cargo de María do Carme Otero Folgueira. En colaboración co Centro de Artesanía e Deseño – CENTRAD, dependente da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo.

12:10   Apertura dos Museo da Zoca e da Escola Vella (ubicadas no campo da Igrexa Vella) por parte da directiva de Xotramu para toda a xente que desexe visitala. De balde. Pode concertarse cita previa para outra hora.

12:15   XXIX Poxa de gando selecto.

15:30   XXXIX Concurso de Gando Frisón MOEXMU, coas sección correspondentes ás vacas de lactación e os correspondentes campionatos.

16:00   Continuación do taller de demostración de vimbio (cestería), a cargo de María do Carme Otero Folgueira. En colaboración co Centro de Artesanía e Deseño – CENTRAD, dependente da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo.

17:00   Reapertura do Museo da Zoca e da Escola Vella (ubicadas no campo da Igrexa Vella) por parte da directiva de Xotramu para toda a xente que desexe visitala. De balde. Pode concertarse cita previa anticipada para outra hora.

21:00   Peche ao público do Recinto Feiral Manuel Vila López

DOMINGO, Día 6 (Día do Can de Palleiro)

09:30   Apertura do Recinto Feiral para os expositores e gandeiros.

10:00   Apertura ao público do Recinto Feiral Manuel Vila López

11:30   XXIV Concurso de xóvenes manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

            sección 1:        menores de 9 anos

            sección 2:        nen@s de entre 10 a 15 anos

            sección 3:        rapaces e rapazas de entre 16 e 20 anos

            sección 4:        mozos e mozas de entre 21 e 25 anos

12:00   Inicio do taller de demostración de Torno de Madeira, a cargo de Hussein Aali-Taleb Fernández. En en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño – CENTRAD, dependente da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo.

12:10   Apertura dos Museo da Zoca e da Escola Vella (ubicadas no campo da Igrexa Vella) por parte da directiva de Xotramu para toda a xente que desexe visitala. De balde. Pode concertarse cita previa para outra hora.

12:30   Concurso de manexadores adultos

13:15   Presentación libro “Leche de Vaca” de Alfonso Raffin, no pavillón do Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta

13:30   Entrega de premios aos tanto aos participantes como aos gañadores das diferentes seccións e campionatos do concurso de gando.

14:30   Clausura oficial da XLI Mostra Exposición de Muimenta MOEXMU, do XXXIX Concurso de Gando Frisón, XXXIX Exposición de Gando de Rubia Galega e XXIX da Poxa de Gando Selecto a cargo do Alcalde – Presidente do Concello de Cospeito.

16:00   Continuación do taller de demostración de Torno de Madeira, a cargo de Hussein Aali-Taleb Fernández. En en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño – CENTRAD, dependente da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo.

16:30   XXX Monográfico da Raza Can de Palleiro (VII Campionato de cans de palleiro da  MOEXMU), no pavillón do propio Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, valedeiro para o Trofeo Can de Palleiro deste ano.

17:00   Reapertura do Museo da Zoca e da Escola Vella (ubicadas no campo da Igrexa Vella) por parte da directiva de Xotramu para toda a xente que desexe visitala. De balde. Pode concertarse cita previa para outra hora.

20:00   Peche ao público do Recinto Feiral Manuel Vila López

“Queremos contribuír ao relevo xeracional das explotacións fomentando o gusto por ser gandeiros entre os mozos e mozas”

xerente Moexmu José Manuel RusJosé Manuel Rus Rodríguez (Muimenta, 1976) era un neno cando se celebrou a primeira edición da MOEXMU. A iniciativa, posta en marcha no ano 1985 polos empresarios de Muimenta para dinamizar a vida da localidade, é un exemplo de unión veciñal e de mantemento ao longo do tempo.

Hoxe, como coordinador, Rus (como é coñecido polos seus veciños) é unha desas persoas que fai posible a Moexmu. Repasamos con el os obxectivos da cita e a súa evolución co paso dos anos.

– Ten moito mérito que unha iniciativa veciñal se manteña 40 anos. Cal é o segredo?
– A implicación da xente. Eu estaba facendo a primeira comunión, tiña 8 anos, cando se fixo a primeira Moexmu. Era un cativo e conseguiu implicarme. Entrei na Moexmu de xerente con 21 anos, pero antes xa colaboraba con outras actividades que se organizan no pobo como a Filloa. A escola de Filloeiros tamén axuda a que a xente nova se implique.

– A Filloa está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Como van os trámites para que o sexa tamén a Moexmu.
– A Festa da Filloa éo desde o 2008 e estamos traballando para que tamén o sexa a Moexmu. Presentamos a documentación en xuño do ano pasado e agardamos obter tamén o recoñecemento de Festa de Interese Turístico para a Moexmu.

– O 2024 foi un ano importante para a Moexmu, que cumpriu 40 anos.
– Efectivamente. E quixemos celebralo homenaxeando no mes de setembro aos 106 empresarios e empresarias que fixeron posible a Moexmu nestes 40 anos, con especial cariño aos 25 que xa faleceron.

Ademais, no mesmo ano fomos gañadores dos dous galardóns máis importantes que hai no sector agrogandeiro e no medio rural en Galicia, o Premio Aresa e o Premio Agader.

– A Comisión deste ano está presidida por unha muller.
– Si. A presidenta é Ana Iglesias Lozano. É a terceira vez que é unha muller. E o cartaz volve ser obra de Paula Francos, que é unha moza nova do pobo que sempre deseña o cartaz.

– No Concurso de Gando tamén se ve cada vez máis xente nova.
– É certo que hai un certo revulsivo nos últimos anos de xente nova. Queremos potenciar iso coa Moexmu neste ano e nos vindeiros, queremos contribuír ao relevo xeracional das explotacións fomentando o gusto por ser gandeiros entre os mozos e mozas.

Cerca de 30 rapaces, mozos e mozas, participan na Moexmu xa desde o venres, cando se celebra o Concurso de peladores, que se fai coincidir coa inauguración, e tamén nas xornadas do sábado e domingo, os días grandes dos Concursos de gando e do de Manexadores.

Este ano, por segunda vez, o Concurso de peladores volve ser puntuable para ir a Bélxica ao certame europeo. Esa idea xurdiu en novembro do 2023 nas reunión anuais que temos cos gandeiros para valorar a última edición e preparar novidades ou cambios para a seguinte.

O noso obxectivo é facer canteira de gandeiros, dignificar a profesión e ensinarlles aos mozos e mozas que pode haber futuro no rural

O noso obxectivo é facer canteira de gandeiros, dignificar a profesión e ensinarlles aos mozos que o rural pode ter futuro e que pode haber futuro no rural. Este ano o colexio de Muimenta fixo unha representación da Moexmu. Recrearon a feira desde o punto de vista dun cativo, vendo os distintos roles que hai e a implicación da xente do pobo. Este tipo de actividades son moi importantes para garantir a continuidade da Moexmu, porque os pequenos veno de preto e víveno de preto.

– Este ano o pregoeiro será Ricardo Durán, presidente da Semana Verde de Silleda. É unha especie de irmanamento entre as dúas feiras?
– Pode ser o punto de partida para buscar sinerxías e colaboracións entre as dúas feiras máis veteranas de Galicia. Cando empezaron, os fundadores da Moexmu pretendían facer unha especie de Semana Verde na provincia de Lugo. As dúas levamos 4 décadas pelexando, mesmo en épocas malas, nas que o gando e o agricultor non estaba o valorado que o está hoxe.

Os fundadores da Moexmu pretendían facer unha especie de Semana Verde na provincia de Lugo

– E chegamos ao capítulo dos agradecementos. De quen non se pode esquecer?
– De moita xente, porque con pouco orzamento pero moito esforzo, as ideas saen adiante. Quero agradecer a colaboración da Xunta, da Deputación, do Concello de Cospeito, da USC, de diversas entidades financeiras e das casas comerciais de produtos e servizos ás explotacións que fan posible un ano máis a Moexmu.

Con pouco orzamento pero moito esforzo, as ideas saen adiante

Este ano teremos un cento de expositores e todos os anos hai algún novo. Toca agora tamén a renovación do convenio que temos coa USC, asinado no ano 2010, e que nos permite colaborar co único campus que hai en Galicia centrado no sector agrogandeiro, que é o Campus Terra de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información