Programa da IV Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta

Guillermo Ramis, Marta Bruguera, Francesc Accensi e José Manuel Ferreiro serán os relatores encargados de enunciar os temas centrais da reunión, que terá lugar en Lugo o último sábado de novembro.

Logo de dous anos de parón pola pandemia, a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) retomará o sábado 26 de novembro, en horario de mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a celebración da súa sesión formativa sobre o Porco Celta en Galicia.

Trátase da cuarta edición desta xornada que, desta volta, estará presentada polo xornalista da Televisión de Galicia Manuel Cruz. Nela contarase coas exposicións de catro relatores: Guillermo Ramis (director do departamento de Produción Animal da Facultade de Veterinaria da UM), Marta Bruguera (veterinaria responsable do servizo técnico de porcino de Agrifirm España), Francesc Accensi (profesor do departamento de Sanidade e Anatomía Animais da Facultade de Veterinaria da UAB e investigador do Centro de Recerca en Sanitat Animal) e José Manuel Ferreiro (xefe do Servizo Territorial do FOGGA en Lugo).

Entre os temas centrais do programa atópanse as especificidades da nova PAC para as granxas de Porco Celta, a evolución e a situación actual da Peste Porcina Africana, as claves sanitarias e de alimentación para un correcto manexo desta raza e a influencia da xenética nas enfermidades emerxentes e reemerxentes aparecidas nos últimos anos en razas minoritarias como o Porco Celta.

Ao remate das sesións, haberá no mesmo Pazo de Feiras e Congresos un xantar de traballo ao que están convidados todos os asistentes.

A asistencia é de balde para todo o mundo, pero é necesario realizar inscrición previa. As persoas interesadas en asistir pódense anotar chamando ao 982 226 252 antes do 24 de novembro ás 14:00 horas.

cartel_xornada_tecnica_asoporcel_nov2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información