Programa da feira e concurso cabalar das San Lucas de Mondoñedo

Programa da feira e concurso cabalar das San Lucas de Mondoñedo

Entrada dos cabalos na praza da Catedral de Mondoñedo

A vila lucense de Mondoñedo convértese nos vindeiros días no epicentro do mundo do cabalo en Galicia coa celebración da feira e das Festas das San Lucas, a feira máis antiga de Galicia, que se ven celebrando todos os anos dende 1.156. A organización corre a cargo da Asociación As San Lucas e do Concello de Mondoñedo.

O programa deste ano inclúe unha ampla oferta de actividades tanto de lecer como de mercado arredor do mundo equino.

Domingo: Gran Final da Copa de Galicia de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega

Así, este domingo, 16 de outubro, celebrarase no Campo da Feira a “Gran Final da Copa de Galicia de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega”. O programa é o seguinte:

11:30 horas. Apertura das inscricións para o Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega

12:00 horas. Concurso morfolóxico de Cabalos de Pura Raza Galega. Sección de sementais maiores de tres anos.

Premios da sección de sementais: 120 euros para o primeiro, 90 para o segundo, 60 para o terceiro e 30 para o cuarto clasificado.

12:45 horas. Concurso morfolóxico de eguas de Pura Raza Galega. Sección de eguas maiores de tres anos. Entrega de premios ao rematar: 120 euros para a primeira, 90 para a segunda, 60 para a terceira e 30 para a cuarta clasificada.

13:00 horas. Proclamación dos campións galegos da Copa Galicia P.R.G. 2016.

Luns, 17 de outubro: As Vésperas

Ás 18:45 horas chegada tradicional de cabalos polas rúas ata o Campo da Feira. Lugares preferentes para ver o espectáculo: Os Muíños, Fontevella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Municipal e Chegada ao Campo da Feira.

Martes, 18 de outubro: As San Lucas

Gran feira tradicional de gando cabalar no Campo da Feira.

Concursos:

Baixada de gando ao xeito tradicional:
-Maior número de cabezas de gando cabalar de monte baixadas ao xeito tradicional. Mínimo de 100 cabezas. Premio de 1.000 €.

-Maior número de cabezas de gando cabalar de monte baixadas ao xeito tradicional. Mínimo de 50 cabezas. Premio de 500 €.

-Maior número de cabezas de gando cabalar de monte baixadas ao xeito tradicional. Mínimo de 25 cabezas. Premio de 350 €.

Mellor cabalo galego de monte (macho ou femia):

-Primeiro premio: 100 euros.
-Segundo premio: 70 euros.

Grupo maior de 25 cabezas de mellor calidade:
-Primeiro premio: 200 euros.
-Segundo premio: 170 euros.
-Terceiro premio: 150 euros.

Grupo maior de 20 cabezas de mellor calidade:
-Primeiro premio: 150 euros.
-Segundo premio: 120 euros.
-Terceiro premio: 100 euros.

Grupo maior de 15 cabezas de cabalo de Pura Raza Galega: 200 euros

Grupo maior de 15 cabezas de cabalo de Pura Raza Galega: 100 euros

Mellor cabalo de Pura Raza Galega (Macho ou femia):
-Primeiro premio: 150 euros.
-Segundo premio: 100 euros.

Mellor cabalo de Pura Raza Árabe (Macho ou femia):
-Primeiro premio: 150 euros.
-Segundo premio: 100 euros.

Mellor cabalo de Pura Raza Española (Macho ou femia):
-Primeiro premio: 150 euros.
-Segundo premio: 100 euros.

Mellor cabalo de sela (Macho ou femia):
-Primeiro premio: 120 euros.
-Segundo premio: 100 euros.
-Terceiro premio: 50 euros.

Mellor cabalo de tiro (Macho ou femia):
-Primeiro premio: 120 euros.
-Segundo premio: 100 euros.
-Terceiro premio: 50 euros.

Especial ao mellor burro ou burra: 60 euros.

Mellor mula (macho ou femia) : 60 euros

Mellor poldro nado no 2016 (macho ou femia):
Mellor cabalo de Sela (Macho ou femia):
-Primeiro premio: 100 euros.
-Segundo premio: 70 euros.

Premio especial ao mellor cabalo engalanado ao xeito tradicional galego: 60 euros.

Todo o gando que participe no concurso deberá estar identificado segundo a normativa. O gando que non se atope no recinto feiral ás 10:00 horas quedará fóra do concurso.

13:30 horas: Entrega de premios “As San Lucas 2016” no recinto feiral.

17:30 horas. Gran Festival Ecuestre “As San Lucas 2016” no recinto da Granxa.

Domingo, 23 de outubro: Día da Andadura

No recinto da Granxa celebrarase o Concurso de Andadura Galega. O programa é o seguinte:

11:30 horas. Apertura de inscricións para as carreiras de andadura galega serrada e chapeada.

12:00 horas. Concurso de andadura galega (libre) nas modalidades serrada e chapeada. Non poderán participar trotóns.

Premios:

Andadura serrada (dous tempos):
Primeiro premio: 80 euros.
Segundo premio: 60 euros.
Terceiro premio: 50 euros.
Cuarto premio: 30 euros.

Andadura chapeada (catro tempos):
Primeiro premio: 80 euros.
Segundo premio: 60 euros.
Terceiro premio: 50 euros.
Cuarto premio: 30 euros.

Nas dúas modalidades tamén se entregará xunto co premio un trofeo ou medalla.

14: 00 horas. Entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentar o cabalo.

16: 30 horas. V Concurso de Andadura de Cabalos Trotóns “As San Lucas”.
Apertura de inscricións.

17:15 horas. Comezo do concurso. Trofeos. 1º 110 euros, 2º 90 euros, 3º 70 euros, 4º 50 euros, 5º 30 euros.

Ao remate do concurso entrega de premios e trofeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información