Programa da Feira do Viño do Ribeiro

Publicidade
Publicidade
Programa da Feira do Viño do Ribeiro
Data inicio: 29/04/2016
Data fin: 01/05/2016
Lugar: Ribadavia, Ourense, España

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 53ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2016, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), ven de presentar publicamente o seu cartel e algunhas das principais actividades.

As actividades centrais do evento son as Actividades Enogastronómicas ou Showcookings, que se levan a cabo dende a edición do 2012, e como novidade, RibeiroRisas, unha gala de humor e viño, na que se contará con tres monologuistas e unha presentadora. O público interesado en asistir a este evento poderá obter a súa entrada, a un prezo especial de 5€, presentando a copa ou o ticket de puntos (consumido ou sen consumir) que previamente poderá conseguir no recinto feiral.

A información das actividades é a seguinte:

Ribeirorisas:

Espectáculo de monólogos a cargo de: Tonhito de Poi, Isabel Risco e Fede Pérez. Presentado por Iria Sobrado
Lugar: Auditorio do Castelo, en Ribadavia.
Horario: 23:30 h
Venda de Entradas:
Días previos: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
Días do evento: Na taquilla, na porta do Auditorio do Castelo, dende unha hora antes do inicio.
Prezo entradas:
Bonus FVR: 5€ (haberá que presentar a copa ou ticket de puntos da FVR, consumido ou non consumido)
Normal: 10€

Sábado, 30 de abril:

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING
(Para participar nas actividades de pago é imprescindible mercar as entradas na Oficina de Turismo (988471275 ou turismo@ribadavia.es) ou no stand de venta de tickets)
* Obradoiro con entrada.
Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

13.00 h
Obradoiro de cociña *.
Imparte: Carlos Maldonado, cociñeiro gañador da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef”.
Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h
Entrega de vídeos de adegas da D.O. Ribeiro
Recollerán as adegas e haberá un visionado do vídeo.
Os vídeos serán emitidos no programa Cousas de Comer de Telemiño

19.30 h
Obradoiro de cociña *.
Imparte: Héctor López, cociñeiro do Restaurante España, de Lugo, Grupo Nove, e xurado do programa da TVG “Desafío nos fogóns”.

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

Domingo, 1 de maio:

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING
Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

13.00 h
Obradoiro de Cociña *.
Imparte: Alberto Lareo, cociñeiro do Restaurante Manso, de Santiago de Compostela (A Coruña).
Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h
Obradoiro de cociña infantil.
Imparte: Covadonga García, cociñeira finalista da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef Junior”.

18.45 h
Presentación do Ciclo de F.P. “Aceites de Oliva e Viño”
Imparte: Persoal docente do I.E.S. Ribeiro
19.30 h
Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.
Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

Tamén se pode consultar toda a información na web do evento en http://feiravinoribeiro.com/
Ou nas redes sociais: https://www.facebook.com/Feria.Vino.Ribeiro e https://twitter.com/feiraribeiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información