
Poxa de gando frisón nunha edición anterior da Feira de San Isidro de Sarria
Sarria acolle esta fin de semana unha das súas citas gandeiras máis importantes do ano, coa celebración da Feira de San Isidro, que chega á súa edición número 35.
As instalacións do mercado de gando da localidade serán o escenario de distintas actividades, centradas no gando vacún e cabalar. Haberá tamén poxa de exemplares de raza frisoa e rubia galega, así como exposición de maquinaria, artesanía e produtos de alimentación.
Sortearase unha xovenca de raza rubia galega entre os asistentes
O sábado 10 será a feira cabalar, os concursos morfolóxicos de pura raza galega, pases de doma, a subasta de animais selectos de raza frisoa, cea e verbena. O domingo 11 será a feira de ano e a poxa de xovencas de raza rubia galega. Esta mostra agroganderia é herdeira da Feria Franca Anual concedida polos Reis Católicos en 1487 a esta vila atravesada polo Camiño de Santiago
Esta mostra agroganderia é herdeira da Feria Franca Anual concedida polos Reis Católicos en 1487 a esta vila atravesada polo Camiño de Santiago
As actividades, que se desenvolverán durante toda a fin de semana no Campo da Feira, están organizadas polo Concello de Sarria e contan coa colaboración de Caixa Rural, Acruga e Africor Lugo.
PROGRAMA COMPLETO FEIRA SAN ISIDRO 2025:
SÁBADO 10 DE MAIO
10:00 horas: Inauguración e apertura do recinto feiral. Exposición de maquinaria, exposición de bonsais (Asociación El Serval), artesanía e produtos agroalimentarios.
12:00 horas: Poxa de animais de raza frisoa (Africor Lugo).
12:30 horas: Actuación da agrupación de música tradicional Meigas e Trasgos.
12:30 horas: V Feira Cabalar (Puraga).
13:00 horas: Escola infantil de coidada, trenzado e engrasado.
16:00 horas: Concurso morfolóxico de cabalos pura raza galega.
16:30 horas: Concurso morfolóxico de eguas pura raza galega.
17:00 horas: Pases de doma de alta escola.
17:30 horas: Concurso morfolóxico de cabalos cruzados de máis de 3 anos.
18:00 horas: Concurso morfolóxico de eguas cruzadas de máis de 3 anos.
19:00 horas: Entrega de premios.
20:00 horas: Pancetada e chourizada de San Isidro e actuación do Dúo Tropical.
20:15 horas: Final da Ruta das Antorchas da concentración de motos Vila de Sarria.
DOMINGO 11 DE MAIO
10:00 horas: Apertura da feira de gando de San Isidro do ano 2025.
12:00 horas: Poxa de xovencas de raza rubia galega (Acruga).
13:15 horas: Pasarrúas a cargo da banda da comarca de Sarria.
16:00 horas: Actuación da agrupación Peleiriños e festival infantil.
18:00 horas: Sorteo dunha xovenca de raza rubia galega no recinto dos concursos gandeiros.