Programa da Feira de San Isidro de Sarria, que se celebra esta fin de semana

O sábado ás 12:00 horas será a poxa de gando frisón organizada por Africor Lugo e o domingo terá lugar a subasta de xovencas de raza rubia galega organizada por Acruga

Poxa de gando frisón nunha edición anterior da Feira de San Isidro de Sarria

Poxa de gando frisón nunha edición anterior da Feira de San Isidro de Sarria

Sarria acolle este sábado e domingo unha das súas citas gandeiras máis importantes do ano, coa celebración da Mostra Agro-Gandeira de San Isidro, que chega á súa edición número 36, combinando tradición, sector primario e ambiente festivo durante toda a fin de semana. Un evento para gozar en familia e poñer en valor o mundo rural. 

As instalacións do mercado de gando da localidade serán o escenario de distintas actividades, centradas no gando vacún e cabalar. Haberá tamén poxa de exemplares de raza frisoa e rubia galega, así como exposición de maquinaria, artesanía e produtos de alimentación.

O domingo terá lugar o Primeiro Gran Premio de Habilidade Tractorista

O sábado 9 será a feira cabalar, os concursos morfolóxicos de pura raza galega, pases de doma, a subasta de animais selectos de raza frisoa, cea e verbena. O domingo 10 será a feira de ano e a poxa de xovencas de raza rubia galega, ademais do Primeiro Gran Premio de Habilidade Tractorista. Esta mostra agroganderia é herdeira da Feria Franca Anual concedida polos Reis Católicos en 1487 a esta vila atravesada polo Camiño de Santiago

Esta mostra agroganderia é herdeira da Feria Franca Anual concedida polos Reis Católicos en 1487 a esta vila atravesada polo Camiño de Santiago

As actividades, que se desenvolverán durante toda a fin de semana no Campo da Feira, están organizadas polo Concello de Sarria e contan coa colaboración de Caixa Rural, Abanca, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Acruga e Africor Lugo.

cartel Feira San Isidro Sarria 2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información