Programa da Feira Apícola Rías Baixas que terá lugar este sábado no Porriño

Feira apicola Rias Baixas 2023Despois de dúas edicións máis contidas e austeras marcadas pola pandemia da covid-19, a Feira Apícola Rías Baixas chega á súa trixésimo quinta edición con máis forza ca nunca da man dun extenso e ambicioso programa de actividades dirixidas tanto aos maiores coma os cativos da casa.

Organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, xunto coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e o Concello do Porriño, este evento constitúe un importante encontro cos mellores profesionais do sector e unha cita indispensable para todas aquelas persoas afeccionadas ao mundo das abellas.

A apertura da feira terá lugar este sábado 1 de abril, ás 10 da mañá, a mesma hora á que arrincarán as Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura, que terán lugar no Salón de Plenos do Concello entre as 10.00 h e as 20.30 h.

As catas, degustacións e obradoiros infantís terán lugar tanto en horario de mañá coma de tarde

No programa inclúense unha cata comentada da IXP Mel de Galicia e da DOP Miel de la Alcarria, así coma degustacións dos queixos e meles con certificación de orixe premiados nas Catas de Galicia 2022.

Ademais da Feira do Mel e o xa tradicional mercado de artesanía Bee Happy Market, haberá obradoiros infantís, discoteca móbil e unha ruta de tapas que dará comezo o venres 31 de marzo.

PROGRAMA COMPLETO

Triptico BHM23.inddTriptico BHM23.inddTriptico BHM23.inddTriptico BHM23.indd

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información