Programa da Feira Apícola Rías Baixas 2025

As Xornadas Internacionais reunirán o sábado 5 de abril na Praza do Cristo do Porriño a expertos de Portugal, Arxentina e a República Checa

AGRUPACION_APICOLA_VELUTINA_PORRIÑO_01A Feira Apícola Rías Baixas celebrarase o sábado 5 de abril no Porriño organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e o programa das Xornadas Internacionais que teñen lugar coincidindo con esta cita reunirán a expertos de países como a República Checa, Arxentina ou Portugal. 

Entre os temas que serán abordados están a nutrición das colmeas, coa implementación de distintas estratexias eficaces para optimizala, o manexo integrado para loitar contra a varroa e outros desafíos e ameazas para a saúde das abellas. 

PROGRAMA COMPLETO: 

Xornadas Internacionais XXXVII Feira Apícola Rías Baixas

5 de abril do 2025 na Carpa Praza do Cristo do Porriño

10:00 h · Apertura da Feira

10:05 h · Desafíos na apicultura: explorando as ameazas para a saúde das abellas
Dr. Jiří Danihlík · Investigador e apicultor, Universidade Palacký de Olomouc (República Checa)

11:30 h · Estratexias eficaces para optimizar a nutrición das colmeas
D. Pablo Joaquín Moja · Apicultor e Veterinario do INTA-PROAPI (Arxentina)

13:00 h · Mesa redonda: Que nos depara a apicultura en República Checa, Arxentina, Portugal e Galicia
Dr. Jiří Danihlík · D. Pablo Joaquín Moja · D. Manuel Gonçalves · D. José Mª Seijo

14:00 h · Descanso Xantar

17:00 h · Apicultura na Unión Europea: desafíos e oportunidades para un futuro sostible
D. Manuel Gonçalves · Apicultor, Presidente Federação Nacional Apicultores Portugueses (FNAP) e Representante apícola na UE (Portugal)

18:00 h · Varroa, o inimigo de onte, hoxe e…! Manexo integrado
D. Pablo Joaquín Moja · Apicultor e Veterinario do INTA-PROAPI (Arxentina)

19:30 h · Clausura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información