Programa do Congreso anual sobre vespa velutina organizado por AGA

Terá lugar o sábado 4 de outubro no auditorio de Chantada e abordará ademais asuntos como as axudas para o sector tralos lumes ou a resistencia da varroa aos acaricidas

O Congreso anual sobre a vespa velutina volve o sábado 4 de outubro ao auditorio de Chantada. Organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) e financiado pola Xunta de Galicia, abordará a situación actual da praga e as posibilidades da convivencia co sector apícola, tanto en Galicia como noutros territorios, con expertos de Asturias ou Italia. 

O programa inclúe tamén outros temas, como os retos que supón a resistencia da varroa aos acaricidas, a importancia do deseño á hora de vender o mel ou as liñas de axudas abertas para paliar os danos sufridos en colmeas nos incendios deste ano. 

PROGRAMA COMPLETO: 

programa congreso velutina Chantada 2025 1programa congreso velutina Chantada 2025 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información