Programa do Concurso Autonómico de gando frisón, que terá lugar en setembro en Feiradeza

Lalín acollerá do 10 ao 12 de setembro o certame organizado por Fefriga, que elixe as mellores vacas, xatas e xovencas de Galicia. Tamén se distinguirá aos mozos e mozas preparadores e manexadores

Imaxe da edición do 2019, a última celebrada, do Concurso Autonómico de Fefriga

Imaxe da edición do 2019, a última celebrada, do Concurso Autonómico de Fefriga

Os días 11 e 12 de setembro terá lugar nas instalacións do Lalín Arena, en Lalín, o XXIX Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga 2021, organizado pola Federación Frisona Galega e o Concello de Lalín, coa colaboración das Africores e a Consellería de Medio Rural.

Os fins que se perseguen coa celebración deste certame anual, que tivo que suspenderse en 2020 por mor do coronavirus, é estimular aos gandeiros na cría de animais de alta calidade xenética, capaces de producir leite e dar crías durante moitos anos, como medio de rendibilizar as súas explotacións; orientar aos criadores sobre as tendencias actuais de selección e mellora gandeira no ámbito internacional e formar aos mozos e mozas cara a unhas correctas e rendibles tarefas de selección, proporcionándolles coñecementos básicos para poder desenvolvelas con éxito.

Coma todos os anos, o Concurso de Gando, que premia ás mellores vacas, xatas e xovencas, servirá para poñer de manifiesto o alto nivel xenético e morfolóxico dos animais criados en Galicia e para promocionar as ganderías participantes para que desta maneira poidan ocupar un lugar destacado no mercado nacional e internacional de animais selectos.

A xuíza será Martine Lambot

Poderán participar neste certame todas as explotacións con animais que estén inscritos no Libro Xenealóxico da Raza Frisona, facendo a correspondente solicitude á Federación Frisona Galega. Os concursos serán xulgados por Martine Lambot, xuíza internacional da Asociación Holstein de Bélxica.

Dado o carácter de Concurso Autonómico só poderán participar animais nados en Galicia e propiedade de ganderías galegas. En todo caso, será condición indispensable que todos os animais concursantes estén inscritos no Libro xenealóxico da raza frisoa e a nome da gandería que os presenta, á data de admisión de solicitudes. Como data de referencia para o encadramento dos animales nas diferentes seccións do programa, tomarase o día 31 de agosto de 2021.

Só poderán participar animais nados en Galicia e propiedade de ganderías galegas

A entrada do gando realizarase o venres 10 de setembro de 2021 antes das 15:00 horas, non tendo dereito a entrar os animais que sexan presentados despois da citada hora. A autorización de entrada do gando nas naves realizarase previa presentación e comprobación da documentación sanitaria esixida (folla de saneamento da explotación e probas negativas de IBR e BVD).

A organización proveerá de peladores para todos os animais do concurso. Será obrigatorio o seu uso para todos os animais agás os que participen no concurso de preparadores, e o incumprimento desta norma acarreará a expulsión do animal en cuestión. Dispoñerase de peladores segundo a necesidade do concurso e a súa distribución será mediante sorteo.

Premios

A Federación Frisona Galega outorgará unha axuda por animal presentado ao Concurso Autonómico Fefriga 2021 de 100€ por xata e xovenca e 150€ por vaca. O mellor criador de xovencas levará 200 euros e o subcampión 100 e no caso do mellor criador e o segundo clasificado en vacas 400 e 200, respectivamente. Finalmente, a Xovenca Gran Campiona levará 600 euros e a Vaca Gran Campiona 1.000 euros.

As ganderías que presenten animais ao concurso recibirán unha axuda de 150€ por vaca e 100€ por xata e xovenca e o mellor criador de vacas levará 400 euros e o de xovencas 200

Xenética Fontao, patrocinador oficial do concurso, agasallará a todas as ganderías participantes con 5 doses de GALILEO. Ademáis, todas aquelas que participen con dous animais ou máis, recibirán 5 doses de SPORTING e 5 doses de KENT. Igualmente, a femia mellor clasificada en cada sección individual, filla dun touro de Xenética Fontao recibirá 100 euros no caso de becerras, 200 no caso de xovencas e 300 no caso de vacas.

Pódense consultar as distintas seccións do Concurso, así como os pormenores do seu desenvolvemento no Regulamento

 

_PROGRAMA ACTIVIDADES para publicar

cartel-concurso-frison-Fefriga-2021

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información