
Imaxe da feira Alvariza nunha edición anterior
Lalín volverá ser esta fin de semana, o sábado 1 e o domingo 2 de febreiro, o punto de encontro para o sector apícola galego na Feira Alvariza.
No programa desta cuarta edición destacan distintas ponencias sobre a utilización de exoesqueletos para a prevención de lesións musculares por parte dos apicultores, a apicultura ecolóxica en Maiorca e os traballos para a protección da abella negra local tanto en Italia como en Galicia.
A valorización do pole e a produción de hidromel tamén estarán presentes na feira
Durante os dous días que dura a feira tamén se abordarán cuestións como a valorización do pole e problemas como os da vespa velutina ou a varroa, con novas alternativas de tratamentos.
As actividades, que inclúen catas e talleres infantís, levaranse a cabo na carpa do cocido que hai instalada no Campo da Feira en horario de mañán e tarde partir das 10 da mañá, donde se darán cita tamén medio cento de expositores.