A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Progando destaca que “os abonos Entec proporcionan unha maior produtividade e calidade das colleitas” de millo forraxeiro

Progando destaca que “os abonos Entec proporcionan unha maior produtividade e calidade das colleitas” de millo forraxeiro

Adubo Entec

O Departamento Técnico de Progando destaca que “os abonos Entec proporcionan unha maior produtividade e mellor calidade das colleitas, en especial para o cultivo de millo forraxeiro”.

Progando, vende e distribúe en Galicia os fertilizantes Entec, fabricados pola multinacional Eurochem na súa planta de Anveres (Bélxica), e que está integrada no sistema produtivo de Basf.

“Traballamos directamente co fabricante, sen intermediarios, e traemos o produto a granel desde a fábrica ata os portos da Coruña ou de Santander, para o seu posterior traslado ás nosas instalacións”, explican desde Progando.

O fertilizante Entec é posteriormente distribuído pola empresa galega aos seus clientes en diversos formatos: a granel, en big bag de 600 quilos ou en sacos de 40 quilos.

En canto ás propiedades deste fertilizante de liberación estabilizada, desde Progando destacan que “Entec inhibe a acción das bacterias nitrosomonas, responsables da transformación do nitróxeno amoniacal a nitrato, de forma que o nitróxeno estabilizado de Entec permanece no solo durante meses en forma amoniacal, evitando así as perdas ao medio ambiente en forma de lavado e a contaminación das augas, e auméntase o nitróxeno dispoñible para os cultivos”.

“Ademais -engaden- o feito de realizar un abonado máis eficiente fai posible diminuír as doses de abonos nitroxenados, sen prexuízo na produción final, e, aínda máis importante desde o punto de vista práctico, permiten reducir as pasadas de abonado”.

Experiencias de Entec en cultivo de millo forraxeiro

En canto ao cultivo de millo forraxeiro, desde Progando destacan que a experiencia acumulada con Entec durante 17 anos en todo o mundo “permitiron demostrar que aplicando abonos Entec en millo dunha soa vez antes da sementeira ou unha vez o millo está sementado conséguese obter o mesmo rendemento que co abonado con fertilizantes convencionais en diversas aplicacións”, diminuíndo as pasadas e evitando problemas de queimaduras foliares provocadas polas coberteiras con abonos nitroxenados.

No caso concreto do millo, desde Progando aseguran que “abonando con Entec no momento da sementeira, habitualmente no mes de maio, a planta vai dispoñer de nitróxeno ata o momento da colleita, nos meses de setembro ou outubro”.

¿E que vantaxes prácticas supón para o agricultor? “Resultan evidentes -destacan desde Progando-: un menor pisoteo do solo e do cultivo polo paso de maquinaria, un aforro de custos derivados das aplicacións en coberteira e, finalmente, e posiblemente a máis importante, que é dispoñer dun período de aplicación dos fertilizantes máis flexible e que permite realizar outras tarefas con máis tempo”.

Composición dos abonos Entec e formulacións

No relativo á composición dos abonos Entec, desde Progando destacan que “teñen a mellor calidade de materias primas NPK, unha granulometría homoxénea, con ausencia de po, o que unido á non utilización de urea na súa formulación -inestable na fórmula, almacenaxe e campo- facilita o almacenamento e manexo do fertilizante, sobre todo nas sementadoras provistas de localizadores de abono”.

Ademais, salientan que Entec leva un fósforo 100% asimilable polas plantas, procedente de minas propias situadas na península de Kola, no norte de Europa, e “libre de metais pesados -sobre todo Cadmio-, ao revés da rocha fosfórica procedente do Magreb, utilizada pola maior parte dos fabricantes nacionais”.

En canto ás formulacións de Entec, adáptanse a cada cultivo. Así, Progando informa de que traballan con:

-Entec 15-13-13 (Nitróxeno, fósforo e potasa), orientado a praderías permanentes e pasteiros.

-Entec 24-8-7: fórmula enfocada ao cultivo do millo e a máis vendida.

-Entec 20-10-10: utilizada principalmente para raigrass e mesmo nalgunha pradería.

-Entec 25-15-0: trátase dun abono que non achega potasa e está enfocado a aquelas leiras ou parcelas con altos niveis no solo de potasa e con achegas de xurro.

-Entec 13-10-20: con alto contido de potasa, dirixido a aqueles cultivos que a requiren, por exemplo a pataca.

En todo caso, para recomendar a fórmula máis adecuada aconséllase realizar unha analítica do solo para coñecer o seu contido en macronutrientes (N, P, K), así como o nivel de PH, encalando en caso de ser necesario.

Novo inhibidor de nitrificación para os abonos Entec

Planta de Progrando

Planta de
Progrando

Por último, desde Progando destacan “o importante avance que experimentaron os abonos Entec desde finais da década dos noventa, cando incorporaron na formulación o Basammon, o primeiro inhibidor de nitrificación”. Máis tarde empezouse a utilizar o actual inhibidor, máis eficiente, “e a día de hoxe continúase co desenvolvemento e investigación do novo inhibidor, que se aplicará en breve ao fertilizante Entec”.

“Tendo en conta a calidade e cantidade da forraxe que se consegue coa utilización dos abonos Entec, podemos dicir que ofrecemos un produto altamente competitivo, cunha eficiente relación entre calidade prezo, garantindo bos resultados e, sobre todo, un alto grao de satisfacción por parte do cliente”, conclúen desde o departamento técnico de Progando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información