Profertil é un bioestimulante vexetal formulado cunha alta concentración de algas mariñas do xénero Ascophyllum. Estamos ante un abono foliar de alto rendemento grazas á forte sinerxía que existe entre os máis de 60 compostos orgánicos naturais que entran a formar parte da súa composición, garantindo tanto os seus efectos bioestimulantes na nutrición vexetal, como o reforzo dos mecanismos de defensa da planta contra as enfermidades e pragas.
Entre estes compostos naturais atopamos coloides, que favorecen unha mellor absorción foliar; elicitores, que permiten unha maior resistencia a pragas e enfermidades; ou fitohormonas e factores de crecemento, que axudan a ter unha mellor floración e polinización, así como a mellorar a resistencia fronte a pragas e enfermidades, garantindo unha maior produción. Tamén hai que destacar os antioxidantes, que posibilitan un maior poder de conservación dos froitos; e os aminoácidos, que garanten a resistencia a condicións adversas.
Grazas a todos estes elementos, podemos enumerar algunhas das principais vantaxes na aplicación do bioestimulante Profertil nos nosos cultivos:
- Maior desenvolvemento e vigor vexetativo.
- Maior floración, fructificación e desenvolvemento dos froitos.
- Resistencia a condicións de estés (xeadas, secas, golpes de calor, vento, etc.).
- Maiores defensas naturais a pragas e enfermidades.
- Pódese aplicar xunto con tratamentos fitosanitarios.
- Aumento da produción e da calidade: calibre, sabor, cor e poder de conservación.
Por último, en todos os ensaios realizados en cultivos tan diversos como o millo, tomate industria, a pataca, a remolacha, en viña, oliveiral ou en froiteiras, observáronse claramente aumentos importantes de produción e de calidade de froitos, mantendo un cultivo moito máis san e cun maior potencial.
Profertil pódese utilizar como complemento aos tratamentos fitosanitarios habituais. Para calquera dúbida temos un equipo de Delegados Técnicos á súa disposición. Está tamén autorizado para agricultura ecolóxica.