A Consellería do Medio Rural ven de publicar unha serie de folletos informativos cos produtos fitosanitarios para uso doméstico que se poden mercar sen necesidade de ter o carné de fitosanitarios.
Dende a Xunta insisten en que para pequenas producións domésticas non é preciso ter o carné de fitosanitarios xa que existe unha listaxe de produtos autorizados para uso non profesional cos que se poden combater as principais pragas dos cultivos. Sen embargo, malia estar rexistrados, unha parte importante destes produtos non están comercializados pola industria química, polo que é recomendable consultar na súa tenda habitual de produtos fitosanitarios. Asemade, compre recordar que estas producións, ao ser para autoconsumo, non deberían ser comercializadas.
Analizamos a continuación os produtos de uso non profesional, rexistrados ante o Ministerio de Agricultura, para a viña, un cultivo moi estendido en Galicia para autoconsumo.
Mildeu:
O mildeu da vide é unha das enfermidades máis graves que atacan á videira, e pode producir danos considerables que, nalgúns casos, leva consigo a perda da colleita. Trátase dun fungo que ataca todas as partes verdes da planta e principalmente as follas, gromos e acios
Produtos de uso non profesional dispoñibles:
Oídio:
O oídio é unha das enfermidades máis graves e estendidas que pode atacar a vide e, en casos extremos, pode levar á perda total da colleita. Este fungo pode afectar todos os órganos verdes da cepa, causando maiores danos no acio
Produtos de uso non profesional dispoñibles:
Botrite:
O podremia gris ou botrite da vide é unha enfermidade causada por un fungo e produce danos de maior importancia naquelas zonas onde as condicións climáticas, humidade, sobre todo, lle son mais favorables. Non é un patóxeno específico da vide, dado que ataca a moitas plantas silvestres e cultivadas.
Produtos de uso non profesional dispoñibles: