Produtos fitosanitarios sen carné para as enfermidades da pataca

A Consellería do Medio Rural publicou unha serie de folletos divulgativos cos produtos fitosanitarios de uso doméstico, que se poden comprar sen necesidade de carné, para combater as enfermidades da pataca

Publicidade
Produtos fitosanitarios sen carné para as enfermidades da pataca

A Consellería do Medio Rural ven de publicar unha serie de folletos informativos cos produtos fitosanitarios para uso doméstico que se poden mercar sen necesidade de ter o carné de fitosanitarios.

Dende a Xunta insisten en que para pequenas producións domésticas non é preciso ter o carné de fitosanitarios xa que existe unha listaxe de produtos autorizados para uso non profesional cos que se poden combater as principais pragas dos cultivos.

Analizamos a continuación os produtos de uso non profesional, disponibles nos establecementos sen necesidade de carné de aplicador, para a pataca, un cultivo moi estendido en Galicia.

Escaravello da pataca:
Os danos producidos polo escaravello son moi espectaculares ao devorar principalmente as larvas a parte aérea da planta, chegando a deixar soamente os talos. Os adultos tamén se alimentan das plantas, pero o dano ocasionado por eles é moito menor.

Produtos de uso non profesional dispoñibles:

FITOSANITARIOS_NON_PROFESIONAL_PATACA_4

Pulgóns:
Varias especies de pulgóns poden desenvolverse sobre as follas da pataca.
Directamente non acostuman ocasionar danos apreciables, pero algunhas especies son moi perigosas indirectamente, xa que son vectores de enfermidades producidas por virus.

Produtos de uso non profesional dispoñibles:

FITOSANITARIOS_NON_PROFESIONAL_PATACA_3

Mildeu:
É unha das enfermidades máis graves que afectan a pataca. Nas follas, o mildiu causa amplas manchas, inicialmente amareladas e despois pardas e difuminadas; o centro deseca axiña mentres que, se as condicións son favorables, o contorno queda claro na cara superior e cuberto dunha eflorescencia abrancazada na inferior. Os talos vólvense quebradizos polas zonas afectadas. Os síntomas no tubérculo comezan cunha podremia seca e
superficial, de cor marrón avermellada, avanzando cara ao interior do tubérculo.

Produtos de uso non profesional dispoñibles:

FITOSANITARIOS_NON_PROFESIONAL_PATACA

Alternaria (negrón da pataca):
A alternaria é unha enfermidade producida polo fungo Alternaria solani, que afecta as follas e tubérculos. Nas follas provoca manchas redondeadas ben delimitadas, escuras e con aneis concéntricos. Os órganos, cando sofren un forte ataque, desecan. Nos tubérculos, o ataque de alternaria recoñécese pola presenza de manchas pardas, claramente fundidas e pouco visibles na época da colleita. Baixo estas manchas os tecidos están podrecidos, pero soamente a escasa profundidade.

Produtos de uso non profesional dispoñibles:

FITOSANITARIOS_NON_PROFESIONAL_PATACA_2

3 ideas sobre “Produtos fitosanitarios sen carné para as enfermidades da pataca

  1. agricola neira varela ( eduardo neira)

    Como distribuidor de productos Lainco , quedo abrallado por a informacion da conselleria demostrando outra vez os coñecementos que teñen do mundo dos fitosamitarios.
    Un saudo

    Contestar
    • Javier

      Compañeiro…son os que xestionan o noso campo….unha panda¡, sen obrigas por ser funcionarios, e sen preocuparse polo campo galego…publican unha listaxe erronea, con productos q non se fabrican…e o que é mais lamentable e grave¡¡ productos non legais nalguns cultivos, tal e como é o clorpiirfos 48% na pataca, entre outros….
      mira que xa estuveron lentos de cara o lio dos carnets, agora lian a xente, e asi os comerciantes que teñen que ocuparse da xente que lles exisen productos que non existen…unha vergonza

      Contestar
  2. Raul

    E vergonzante os gobernantes que temos neste país, tanto fan asta que acaban con todo .

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información