Produtores de Ternera Gallega Suprema destacan nun vídeo a súa labor polo territorio

Un gandeiro de Cervantes e unha moza gandeira da Fonsagrada protagonizan a gravación, coa que buscan concienciar ao consumidor amosando as diferencias e valores da súa carne

Gandeiros Galegos da Suprema TaniaA necesidade de diferenciar a carne criada en extensivo da procedente de cebadeiros industriais é unha das principais reclamacións dos produtores galegos de carne de calidade criada en base a vacas nodrizas.

Co obxectivo de informar e concienciar ao consumidor a asociación Gandeiros Galegos da Suprema vén de elaborar un video protagonizado por dous dos seus membros: Fermín, un gandeiro de Cervantes, e Tania, unha moza gandeira da Fonsagrada.  

Os dous son produtores de Ternera Gallega Suprema en zonas de montaña e consideran que a información sobre o seu modo de produción é fundamental para deste xeito influir nas decisións do consumidor final.

A asociación Gandeiros Galegos da Suprema suma a 400 produtores de toda Galicia

No video, no que saen acompañados do seu gando, destacan valores como a crianza en extensivo das vacas e a alimentación dos becerros a base de leite, mamando directamente nas nais.

Tamén o feito de que o seu traballo proporciona, ademais de carne de calidade, servizos ecosistémicos á sociedade, mantendo limpas as fincas e abertos os camiños, mantendo vivas as aldeas e protexéndoas do lume.

Sumar produtores

O encontro deste sábado tivo lugar no Mosteiro de Montederramo

O encontro deste sábado tivo lugar no Mosteiro de Montederramo

A asociación Gandeiros Galegos da Suprema, constituída formalmente o pasado mes de xaneiro, tivo o seu xerme na provincia de Lugo pero na actualidade está formada por máis de 400 produtores de Ternera Gallega Suprema de toda Galicia.

Este sábado celebraban unha xuntanza no concello ourensán de Montederramo á que asistiron máis dun cento de gandeiros da comarca. Con anterioridade tiveron lugar encontros semellantes nas Pontes, na provincia da Coruña, e en distintas localidades da provincia de Lugo.

A intención da asociación é aglutinar en torno a ela a todos os produtores de Ternera Gallega Suprema de Galicia para facer escoitar a súa voz e as súas principais reivindicacións diante das Administracións públicas, nun momento de dificultades para o sector, onde o encarecemento dos custos de produción está a repercutir nunha baixa rendibilidade das explotacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información