Produtores de Galicia e Asturias únense para demandar ás administracións autonómicas solucións á crise da faba

Publicidade
Faba branca e faba verdina producidas no Val de Lourenzá

Faba branca e faba verdina producidas no Val de Lourenzá

Produtores e produtoras de faba de Asturias e de Galiza mantiveron unha xuntanza este venres na localidade de Navia (Asturias) co obxecto de analizar o que califican de “situación crítica pola que pasa o sector” e consensuar propostas para demandar ás Administracións implicadas.

Deste encontro, convocado polo Sindicato Labrego Galego e por COAG-Asturias, concluiron que a produción da faba en ambas comunidades “ten semellantes inquedanzas e preocupacións”, polo que consideran necesarias actuacións inmediatas e urxentes das que destacan as seguintes:

1. Creación dunha liña de axudas directas dotadas dun importe suficiente para paliar as perdas nas que incurriu o sector na campaña 2024. Esta axuda debería chegar a todos os produtores e produtoras, con independencia de estar ou non incritos en IXP.

2. Creación dunha axuda agroambiental para a faba. En Asturias tense incrementado o importe da liña da PAC “Axuda á produción sostible de proteínas de orixe vexetal”, pero é requisito necesario ser produtor/a inscrito/a en IXP e cun compromiso de manter o cultivo da superficie dotada coa axuda durante cinco anos.

3. Que, debido á causa de forza maior como foi o fungo na colleita da faba, disminuíndo nun 80% a produción, se flexibilicen os requisitos e compromisos dos mozos e mozas incorporadas á actividade agraria no cultivo da faba nos anos 2022 e 2023.

4. Manter reunións de traballo co SERIDA e o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) co fin de que o sector produtor poida trasladar ao personal investigador as necesidades respecto á semente, pragas que afectan ao cultivo e os produtos autorizados.

5. Que as administracións reforcen a liña de axudas para a contratación de seguros das colleitas. Os seguros deben ser unha ferramenta complementaria.

6. En última instancia, esixen que as Administracións se senten cos produtores e produtoras de cara garantir o futuro do sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información