O Rías Baixas Espumoso de Calidad xa é un produto consolidado entre as adegas da Denominación de Orixe, que este ano aumentaron a súa produción alcanzando os 95.036 litros, un 1,01% máis que en 2024.
Na actualidade, 16 adegas producen e comercializan 44 marcas distintas de Espumoso de Calidade baixo o selo D.O Rías Baixas. A súa traxectoria remóntase a 2012 e, trece anos despois, pódese dicir que xa é un produto consolidado no porfolio das adegas desta denominación.
A súa produción, que en 2025 chega ás 126.714 botellas, segue o método tradicional champenoise, no que o viño realiza unha segunda fermentación dentro da botella. Desta forma xérase esa sensación cremosa propia dos viños elaborados seguindo este método e que caracterizan aos Espumosos de Calidade de Rías Baixas.
A normativa europea aplicada aos viños espumosos da DO Rías Baixas admite variedades tanto brancas como tintas, aínda que a produción é maioritariamente de branco e da variedade albariño. En función da cantidade de azucre engadido distínguense varios tipos de espumosos: Brut Nature (sen azucre engadido), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce.

Galego









Control OJD