A produción de leite en Galicia caeu un 0,56% en 2022 fronte ao descenso do 3,05% no resto de España

A produción de leite en Galicia caeu un 0,56% en 2022 fronte ao descenso do 3,05% no resto de España

Galicia pechou o 2022 reforzando o seu papel como locomotora da producción de leite en España, co 41% das entregas de todo o estado, segundo se desprende do informe de declaracións correspondente ao mes de decembro e que acaba de publicar o Ministerio de Agricultura.

En concreto, as 6017 (387 menos que en decembro de 2021) ganderías de vacún de leite galegas pecharon o 2022 cunha produción de 2,97 millóns de toneladas de leite, un 0,56% menos en relación ao producido no 2021, unha caída que obedece ao importante incremento dos custos de produción -pensos principalmente- nos primeiros meses do ano, que levou a reducir a cabana gandeira. A importante suba do prezo do leite no segundo semestre compensou e animou aos gandeiros a incrementar a produción, pero a escaseza de xovencas, entre outros factores, freou o incremento das entregas.

No conxunto de España a produción situouse no 2022 nos 7,32 millóns de toneladas, un 2,05% menos en relación ao ano anterior. Porén, se se descontan os datos de Galicia, no resto de España a produción de leite de vaca caeu en 2023 un 3,05% con respecto ao 2021.

LEITE CCCAA FEGA 2023

Polo que respecta aos prezos, o 2022 foi un ano de prezos de récord no campo. Así, decembro pechou cun prezo medio en España de 0,597 euros o litro, lixeiramente superior ao de novembro (0,587), o que confirma a moderación da suba dos prezos no campo, en consonancia coa evolución dos prezos do leite en po e da manteiga nos mercados internacionais.

En Galicia o prezo medio do leite en decembro foi de 0,586 euros o litro, por riba do mes de novembro (0,576). Nunha antes houbera tan pouca diferencia entre o prezo medio en Galicia e na media española, algo que se pode atribuír tanto ao temor das industrias por asegurarse o aprovisionamento, como á implantación de novas industrias lácteas en Galicia.

PREZOS LEITE DECEMBRO 23

No tocante ás calidades, a media de graxa e de proteína do leite entregado en decembro no conxunto de España, foi de 3,92% e 3,44%, respectivamente; uns sólidos lácteos que no caso de Galicia, como xa é habitual, son superiores no caso da graxa (3,99%), e similares no caso da proteína (3,44%).

Descarga aquí o informe completo do Ministerio de Agricultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información