A produción de leite en Galicia aumentou un 2,34% no 2024 e un 1% no resto de España

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de decembro no que se confirma o incremento da produción con respecto a 2023 e tamén unha suba de prezos con respecto a novembro.

Así, a media foi de 0,494 euros o litro a nivel estatal -en novembro foi de 0,492- mentres que en Galicia o prezo medio en decembro foi de 0,472 euros o litro, lixeiramente por riba dos 0,466 de novembro. É dicir, a diferenza de prezo de leite sen corrixir é de 2,2 céntimos.

Captura de pantalla 2025-02-03 130122

Polo que respecta á produción, as entregas en decembro no conxunto de España ascenderon a 611.590 toneladas. No acumulado do 2024 a produción de leite en España ascendeu a 7.443.930 toneladas, cun repunte dun 1,55% respecto a 2023 e un 1% se non se ten en conta o dato de Galicia.

E é que a comunidade galega confirmouse como a locomotora da produción de leite en España no 2024, cun incremento interanual da produción do 2,34%, acadando as 3.071.915 toneladas, unhas 70.000 toneladas máis que no 2023.

E iso, malia o descenso na cabana gandeira e no número de explotacións con entregas que no 2024 pasaron de 5619 a 5247; é dicir 372 menos.

Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en decembro situouse no conxunto do Estado no 3,94 % de graxa e 3,44 % de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores, na graxa, cun 3, 99%, mentres que na proteína os valores medios foron de 3,44%.

O prezo do leite ecolóxico en Galicia subiu en decembro ata os 0,613 euros o litros, mentres que no conxunto de España a media foi de 0,619 euros.

Descarga aquí o informe completo do FEGA

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información