A produción de leite en 2025 cae con forza en Asturias e Cantabria mentres que sobe en Galicia, Navarra e Aragón

As entregas de leite de vaca en España caeron en España no 2025 nun 0,23%, quedando en 7.357.141 toneladas. A caída foi xeral en todas as comunidades autónomas agás en Galicia, onde se incrementou nun 0,81%, e que xa representa o 41,98% do leite de España, e noutras 4 comunidades. Así se desprende dun informe elaborado pola Asociación Galega Terra e Leite.

A caída da produción de leite é especialmente forte en Asturias, cun 3,73% menos en relación a 2024, en Cantabria (-3,07%) e no País Vasco (-2,97%). Tamén destaca a baixada en Castela e León e en Cataluña, segunda e terceira rexión produtora de leite de España, respectivamente.

Galicia é a única comunidade da “España Verde” que se salva desta caída: O ano pasado as ganderías galegas entregaron 24.871 toneladas de leite máis, o que supón un incremento do 0,81%. Xunto a Galicia, pero a moita maior distancia cuantitativa, que non porcentual, destacan os incrementos de Navarra, Murcia e Aragón.

mapa produción de leite 2026 MAPA DE PRODUCIÓN DE LEITE 2025 2 mapa produción de leite 2026 2 mapa produción de leite 2026 3 mapa produción de leite 2026 4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información