Produción de cogomelos en tocóns de eucalipto no monte veciñal de Couso, en Gondomar

Produción de cogomelos en tocóns de eucalipto no monte veciñal de Couso, en Gondomar

O shiitake, un cogomelo cultivable ben valorado na cociña, desenvólvese a partir da madeira morta no monte, polo que representa unha opción de interese para montes veciñais e propietarios. En Couso (Gondomar), a comunidade de montes iniciou hai un ano unha experiencia de cultivo do cogomelo en 15 tocóns de eucalipto, con diámetros que van dos 20 centímetros ós 100. Os primeiros cogomelos comezaron a saír ós 7 meses, o que demostra a viabilidade do aproveitamento.

Na experiencia colabora Miguel Ángel Rodríguez, xerente da empresa Ideas para tu huerto (Tui), que destaca que un tocón de eucalipto de 60 centímetros pode pesar arredor de 1.500 Kg. e estar producindo cogomelos durante 5 anos. “A produtividade do shiitake sitúase en torno ó 20% do peso da madeira en carballos e algo menos en eucalipto”, valora. Na proba realizada en Couso empregouse unha variedade específica de ‘Lentinuda edodes’, que se sementou con ferramentas adaptadas.

A comunidade de montes de Couso xa cultivaba shiitake sobre madeira de castiñeiro obtida de podas, pero esta é a primeira experiencia en tocóns de eucalipto, un sistema que proporciona cogomelos e que contribúe á vez á degradación natural da madeira, en lugar de proceder a un destoconado mecánico ou químico, segundo destaca Miguel Ángel Rodríguez.

A súa empresa quere ampliar o próximo ano as experiencias en tocóns de piñeiros e frondosas caducifolias, coa perspectiva de ofrecerlle os seus servizos a comunidades de montes, Concellos e propietarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información