Dende o Sindicato Labrego esixen a convocatoria urxente do Consello Agrario Galego e tamén solicitan a convocatoria da Mesa do Observatorio do Sector Lácteo por mor da renovación de contratos á baixa nas granxas de leite. A organización agraria pon o foco ademais nun grupo de ganderías de Ribadeo que se viu obrigada a tirar o leite.
O problema xurdiu ao negarse as granxas a aceptar as ofertas da empresa Reny Picot, pois a empresa deixou de recollerlles o leite a partir do 1 de abril, data na que terían que entrar en vigor os novos contratos. “É paradoxal que esta fábrica abandone a catro granxas que lle quedan a media hora. Para que se fai isto, para ser exemplo de abandono das granxas do rural ou como ameaza de que o feito de defender os prezos do produto supón consecuencias?”, pregúntase a organización agraria.
O Sindicato Labrego considera os feitos de extrema gravidade, polo que pide a actuación da Consellería do Medio Rural, do Ministerio de Agricultura e da Axencia de Control Alimentario (AICA).
A organización agraria engade que no contexto actual no que se atopa a sociedade galega en xeral e o agro en particular, con fortes subas no gasóleo, nos fertilizantes etc., esta baixada nos prezos do leite supón un afogamento nas granxas e na súa viabilidade futura.

Carta enviada por Reny Picot a unha das granxas, días antes de vencer o contrato.
Galego









Control OJD