O Ministerio de Agricultura anunciou recentemente que ampliaba o prazo de solicitude das axudas da PAC ata o 15 de xuño, pero para o Sindicato Labrego trátase dunha medida insuficiente, á vista de como está a funcionar a aplicación para tramitar as peticións, chamada Sgapac.
O Sindicato Labrego Galego (SLG) asegura que o Sgapac é un sistema obsoleto no que a persoa que tenta tramitar unha axuda pode pasar ata unha xornada enteira sen dalo feito debido a súa “extrema lentitude” e a que o programa “queda colgado en canto comezas a subir fotos das fincas obxecto da solicitude”.
Ante esta situación, a organización agraria considera complicado que se poidan tramitar a tempo todas as peticións de axudas da PAC, “mesmo a pesares de que moitas entidades que se adican ó tramite contrataron a persoal extra”, sinala o SLG en nota de prensa.
Desde o Sindicato Labrego emprázase ó Ministerio a buscar alternativas e a solventar no posible os problemas informáticos que está causando a aplicación para tramitar a PAC.
UPA denuncia el despilfarro de 10 millones de euros en una aplicacion para solicitar la PAC “que no funciona”