A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Proba o rural, e ao que che digan nin caso”, o novo vídeo de Progando dirixido á mocidade

Nun momento en que o mundo rural segue sendo un tema central no debate social, moitas persoas, especialmente os mozos e mozas, tenden a pensar que as oportunidades profesionais no campo son limitadas. Porén, o rural galego ofrece un abanico de posibilidades para aqueles que buscan algo máis que unha cidade chea de ruído, contaminación e estrés. Un exemplo é Progando, unha empresa familiar comprometida co desenvolvemento sostible e coa creación de emprego nas zonas rurais de Galicia.

Vantaxes de traballar no rural galego:

Traballar no rural non é só unha opción, é unha oportunidade única para quen busca un estilo de vida diferente e enriquecedor. Desde Progando queremos resaltar algunhas das vantaxes de traballar no rural:

1. Oportunidades de emprego: O rural galego está cheo de iniciativas emprendedoras e empresas familiares que, como Progando e moitas ganderías, buscan incorporar a novos talentos para seguir crecendo. Veterinarios, enxeñeiros, operarios…,,,múltiples oportunidades vos agardan!!

2. Calidade de vida: Vivir e traballar no campo permite gozar dunha contorna tranquila, rodeado de natureza, o que favorece unha vida máis saudable e equilibrada. Aquí podes respirar aire puro, camiñar por paisaxes espectaculares e conectar cunha cultura ancestral.

3. Vivenda accesible: Nas zonas rurais, o custo de vida, especialmente en termos de vivenda, é máis alcanzable, o que significa que os mozos poden establecerse e formar o seu fogar sen as presións económicas que enfrontan nas grandes cidades. As medidas de apoio á infancia e á familia por parte das administracións son tamén maiores nos concellos rurais, de forma que, conseguir por exemplo unha praza de gardería non é unha carreira de obstáculos. Nos colexios o número de alumnos por aula é menor e a atención é máis personalizada. Moitas vantaxes para un proxecto de vida!

4. Gastronomía única: Galicia é coñecida pola súa incrible gastronomía, chea de produtos frescos e locais, que non só enriquecen o día a día, senón que son parte integral da identidade cultural galega.

5. Unha contorna de traballo amigable e próxima: Traballa nun ambiente laboral cálido e próximo, o que permite o desenvolvemento persoal e profesional nunha contorna no que cada membro do equipo ten a oportunidade de marcar a diferenza.

O compromiso de Progando co futuro do rural

Como empresa familiar que leva anos apostando polo desenvolvemento do rural galego, en Progando traballamos cada día para ofrecer produtos de calidade a través dun modelo sostible que respecte o medio ambiente e apoie ás comunidades locais. 

Nestas datas tan sinaladas, queremos dar as grazas a todo o noso equipo, ás ganderías galegas e aos nosos provedores, quen son parte fundamental no proceso que fai posible un rural en crecemento e cun futuro prometedor.

Unha chamada aos mozos: Comparte o teu talento connosco

Se aínda non formas parte desta experiencia, convidámoste a que o fagas. En Progando, buscamos mozos con ganas de medrar, aprender e contribuír ao desenvolvemento do rural galego. Se es unha persoa con talento, paixón polo sector primario e o medio ambiente, non dubides en formar parte do noso equipo.

Únete a nós! Comparte o teu talento connosco a través de https://www.progando.es/gl/traballa-connosco/

Xuntos podemos construír un futuro máis sostible e cheo de oportunidades no rural galego.

Contribúe a mellorar o medio rural e difunde

Para seguir con esta iniciativa e fomentar a mensaxe de que o rural galego é un lugar cheo de oportunidades para os mozos, creamos un vídeo. Convidámoste a velo e a compartilo nas túas redes sociais. Xuntos podemos romper o mito de que no rural non hai futuro. É o momento de apostar polo campo!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *