As principais organizacións agrarias reclaman a Bruxelas que renove a autorización do glifosato

As principais organizacións agrarias reclaman a Bruxelas que renove a autorización do glifosato

Roundup, un dos glifosatos máis utlizados

ASAJA, UPA, Cooperativas Agro-alimentarias de España, FEPEX e AEAC.SV únense na alianza Alas- Alianza por unha Agricultura Sustentable, defenden a renovación deste herbicida barato e amplamente utilizado. A Comisión Europea decidirá proximamente se renova a autorización para utilizalo.

As organizacións profesionais agrarias de ámbito xeral ASAJA e UPA-Unións Agrarias, Cooperativas Agro-alimentarias de España, a Federación Española de Produtores Exportadores de Froitas, Hortalizas, Flores e Plantas Vivas (FEPEX) e a Asociación Española de Agricultura de Conservación/Suelos Vivos (AEAC.SV) constituíronse na alianza Alas-Alianza por unha Agricultura Sustentable, para manifestar o seu apoio á renovación da autorización do glifosato polo período máximo autorizado na regulamentación comunitaria,

Ante a falta de acordo entre os estados membros, a Comisión Europea decidiu o pasado ano prorrogar ata finais de 2017 o uso de o glifosato, un herbicida barato e efectivo amplamente utilizado na agricultura (cultivo de millo forraxeiro, cereais, viticultura..etc). Bruxelas está esperando a un informe da Axencia Europea de Sustancias Químicas para tomar unha decisión nos próximos meses.

As entidades do sector produtivo agrícola integrantes de Alas asinaron un manifesto en defensa do glifosato como ferramenta para a sustentabilidade do sector agrícola. Por este motivo, a alianza solicitou senllas reunións con Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) e coa Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Congreso dos Deputados para solicitar o seu apoio ante a próxima decisión da Comisión Europea sobre a renovación de autorización de glifosato no ámbito territorial comunitario.

Os integrantes da alianza coinciden en sinalar que “non dispoñer de glifosato crearía graves perturbacións en varios sectores agrícolas da UE”, o que “poría en perigo a competitividade dos agricultores españois e europeos”.

Antes de que finalice o ano 2017, a Comisión Europea deberá pronunciarse sobre a renovación da autorización de comercialización desta sustancia activa, empregada desde hai máis de 40 anos en agricultura e libre de calquera patente.

Desde a plataforma Alas lembran “que os agricultores e gandeiros son os maiores interesados en poder garantir unhas condicións de produción seguras, respectuosas co medioambiente, o benestar animal e o medioambiente co fin de poder ofrecer aos consumidores produtos de primeira calidade e máximas garantías sanitarias, e contribuír á conservación do solo, a calidade da auga e a biodiversidade”.

No lado oposto, desde Amigos da Terra, CECU, a organización agraria COAG, Sindicato Labrego Galego, Ecoloxistas en Acción, Rede de Sementes e Greenpeace opóñense a que a Comisión Europea renove a autorización para o uso do glifosato polo que entenden como perigo para a saúde humana e para o medio ambiente e elaboraron unha carta conxunta para animar aos concellos a que deixen de utilizar glifosato nos espazos verdes municipais.

Clic aquí para descargar o manifesto completo de Alas

Una idea sobre “As principais organizacións agrarias reclaman a Bruxelas que renove a autorización do glifosato

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información