A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Primeira Xornada Zoetis sobre o simulador de custos en vacún de leite

Primeira Xornada Zoetis sobre o simulador de custos en vacún de leite

Xornada de Zoetis en Lleida

Fundamentada no seu concepto de Farmaco€conomía, Zoetis organizou unha xornada en Lérida (Cataluña) o 15 de febreiro sobre o simulador de custos en vacún de leite. Unha ferramenta para a análise técnica-económica en vacún de leite, que foi desenvolvida polo departamento de Ciencia Animal e dos Alimentos da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), encabezado por Sergio Calsamiglia, co apoio de Zoetis.

Foi precisamente Sergio Calsamiglia, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, o encargado de impartir os contidos da xornada, a cal comezou coa explicación das principais funcións do simulador: que é, como funciona, para que serve e como crear unha conta e unha granxa propia. O experto tamén mostrou aos preto de 30 profesionais do sector vacún de leite presentes unha serie de exemplos de uso para sacar o maior partido a esta útil ferramenta.

Tamén houbo tempo para abordar outros temas como os programas preventivos de mastite postparto, así como avaliar os efectos da Síndrome Respiratoria Bovina (SRB). Por último, o Servizo Técnico de Zoetis, presentou o seu programa sanitario, co que a compañía pretende achegar solucións de valor adaptadas ás necesidades de cada explotación.

Esta foi a primeira dun ciclo de xornadas que Zoetis ten programado celebrar os próximos meses en diferentes localidades de España.

Todo aquel que estea interesado en utilizar o novo simulador, pode acceder ao mesmo a través da seguinte ligazón: www.zoetis.es/simuladorfarmacoeconomia

Máis información en: www.especialistasennovillas.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *