Primeira xornada de inverno este sábado da Ruta do viño Ribeira Sacra

Baixo o lema “Ruta do Viño Ribeira Sacra; Refuxio de inverno, viño e calma”, a comarca inicia unha nova campaña de promoción coa que se posiciona como un destino ideal para os meses de inverno

Publicidade
Primeira xornada de inverno este sábado da Ruta do viño Ribeira Sacra

Baixo o lema “Ruta do Viño Ribeira Sacra; Refuxio de inverno, viño e calma”, a Ruta do Viño Ribeira Sacra impulsa unha nova campaña de promoción coa que se posiciona como un destino ideal para desfrutar durante os meses de inverno, combinando unha campaña de comunicación e medios, coa celebración de eventos promocionais. Os dous primeiros terán lugar este sábado 31 de xaneiro.

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra desde unha perspectiva máis íntima e auténtica, afastada das aglomeracións, favorecendo o contacto coa natureza, o patrimonio e a cultura vitivinícola da zona. Con esta acción, a Ruta do Viño reforza o seu compromiso coa promoción dun destino que combina tradición, calidade e autenticidade durante todo o ano.

A Ruta do Viño Ribeira Sacra aposta así por desestacionalzar este itinerario enoturístico promovendo experiencias de calidade, como visitas a adegas, catas comentadas, propostas gastronómicas adaptadas á tempada invernal e actividades culturais.

Haberá visitas guiadas, accións participativas, cata de viños especiais, degustación de gastronomía de inverno, e intervencións musicais

Así, promociona a oferta de calidade que ofrecen as máis de corenta entidades enmarcadas nesta Ruta do Viño Ribeira Sacra (adegas, museos do viño, aloxamentos, restaurantes, elementos patrimoniais, enotecas e entornos naturais), que procuran unha experiencia única para os visitantes e garanten un estándar de calidade.

Xornada de xaneiro

Desevólvense dous eventos promocionais, abertos ao público; en dúas adegas referenciais da Ruta de Inverno Ribeira Sacra, dúas experiencias de inverno, na Ribeira Sacra

Primeira visita á Vía Romana, recentemente recoñecida como Mellor Destino Enoturístico na guía Galicia Report Top 100 2026, promovida polo Master of Wine Tim Atkin, situáandoa como mellor destino enoturístico de Galicia, e destacando o seu compromiso con experiencias de turismo do viño auténticas e profundamente ligadas á paisaxe e historia da Ribeira Sacra. Organizaron un itinerario inmersivo, un percorrido guiado, que supón metaforicamente, realizar unha viaxe a través da cultura do viño, un percorrido que discorre alegoricamente polo ciclo vexetativo.

Contará cunha visita guiada á viña, con accións participativas, cata de viños especiais, degustación de gastronomía de inverno, e intervencións musicais. Será de 10.30 a 14 horas.

Logo haberá unha visita a outra multipremiada adega da Ribeira Sacra, desta volta na provincia de Ourense. Adega Vella, colleitou numerosos premios de prestixio, destacando múltiples Acios de Ouro e de Prata nos Viños de Galicia, así como recoñecementos en Vinespaña 2025.

O evento é en si mesmo é un auténtico escaparate de inverno na Ribeira Sacra que terá visita guiada á adega, cata de viños selección, degustación de gastronomía de inverno e concerto. Será de 17.30 a 20.30 horas.

Refuxio de Inverno_post instagram_logos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información