Primeira convocatoria de axudas para a creación de grupos operativos supra-autonómicos

Primeira convocatoria de axudas para a creación de grupos operativos supra-autonómicos

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente publicou este luns no Boletín Oficial de Estado, o extracto da convocatoria de axudas para a creación de grupos operativos supra-autonómicos, como instrumento para impulsar a innovación a través da Asociación Europea pola Innovación (AEI) de Agricultura produtiva e sustentable.

A finalidade das axudas é a creación destes grupos operativos, que estarán formados por actores de distintos perfís, e buscarán unha solución innovadora para un problema concreto ou unha oportunidade no sector agroalimentario ou forestal. A solución innovadora reflectirase na redacción dun proxecto innovador, que poderá ser executado nunha fase posterior.

Coa creación de grupos operativos preténdese promover calquera forma de innovación nos ámbitos da agricultura, gandería e selvicultura, así como na transformación e comercialización de produtos agroalimentarios ou forestais, xa sexa na produción de bens e servizos, nos procesos tecnolóxicos, na organización e xestión, no mercado e a comercialización ou en innovación social ou outras formas de innovación.

Estas axudas encádranse dentro do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural,  que inclúe actuacións de ámbito supra-autonómico, de interese xeral ou cuxa competencia corresponde á Administración Xeral do Estado.

A autoridade de xestión do PNDR é o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal.

A presentación de solicitudes para a creación de grupos operativos supra-autonómicos, convocatoria 2016, realizarase a través de sede electrónica do Ministerio e o prazo permanecerá aberto ata o próximo 28 de decembro de 2016:

Accede aquí á convocatoria. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información