A Primavera de Portas Abertas chega á Ruta do Viño Rías Baixas

Un total de 17 adegas recibirán visitas de diferentes puntos e organizan diferentes actividades, desde roteiros de sendeirismo ata cata a cegas ou visita ao Museo da Ciencia do Viño

Publicidade
A Primavera de Portas Abertas chega á Ruta do Viño Rías Baixas

Esta fin de semana celébrase a Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño Rías Baixas. O evento inclúe visitas a 17 adegas do Roteiro e tamén 12 actividades, organizadas para a ocasión polos propios asociados. Están previstos sete autobuses que partirán de Pontevedra, Santiago e Vigo, que xa están completos.

Este plan tamén inclúe propostas de aloxamento e restauración en varios asociados deste Roteiro do Viño. Na web www.rutadelvinoriasbaixas.com ou nas súas redes sociais dispoñen de toda a información relativa ao programa de Primavera de Portas Abertas. Unha iniciativa, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia, que xa está totalmente consolidada entre a sociedade galega, e especialmente neste Roteiro do Viño Rías Baixas.

Actividades especiais

Roteiro de sendeirismo polo carreiro Muiño do Xuliana, terminando cunha visita guiada á adega Señorío de Rubiós o domingo ao 10 horas.

Visita gourmet especial de queixos galego con tres viños da adega. Adega e Viñedos Paco&Lola. Venres 22, sábado 23 e domingo 24 de maior ás 13 horas.

O Cambados de Asorey e Ramón Cabanillas. Terra de Asorei organiza unha visita á súa adega e un percorrido guiado por Cambados seguindo o ronsel de Francisco de Asorey e Ramón Cabanillas en Cambados. De volta á adega cataranse os albariños Rías Baixas “Nai e señora” e “Terra de Asorei” con algúns petiscos. Venres 22 de maio de 17 a 19 horas.

Cata a cegas: Pazo Baión ofrece unha visita aos seus viñedos e á súa adega. Mostrarán a fascinante historia deste pazo do S. XVI, e acabarase coa cata a cegas de tres albariños Rías Baixas cunha maridaxe. Sábado 23 de maio, ás 10 horas.

Viños e queixos de España: Adegas Vionta ofrece unha visita das súas instalacións que inclúe unha cata de tres dos seus viños das D.O. Rías Baixas, Ribera del Duero e Rioxa, con numerosos premios e maridada con queixos representativos de cada un deses territorios. Sábado, 23 de maio, ao 11 horas.

Museo da Ciencia do Viño. Este enclave ofrece visitas guiadas ás súas instalacións o venres 22, sábado 23 e domingo 24 de maio; de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Sesión “Wine Truck”. Adegas Valmiñor propón unha degustación de viños e petiscos no seu “wine truck” amenizada con música no exterior das súas instalacións. Domingo 24 de maio, ás 12 e ata o 14 horas.

Experiencia en adega: Visita guiada a Pazo de Señoráns, o seu viñedo, destilería, pazo e capela. Tamén haberá unha cata especial dos viños de garda (Colección, Selección de Anada e “Tras os Muros” e tres augardentes, de bagazo, herbas e “Alma de Señoráns”, un augardente envellecido en barricas durante 12 anos. Venres 22 ás 10.30 e ás 16 horas; e o sábado 23 de maio ás 10.30 horas.

Lagar de Fornelos

Lagar de Fornelos

Visita a adega e cata de augardentes e licores: a adega Gil Armada propón un percorrido polo pazo de Fefiñáns do S. XVIII, que inclúe un paso polo seu bosque e viñedos centenarios, así como unha visita a destilería artesanal. A xornada finalizará cunha degustación de cinco produtos seleccionados, entre eles os augardentes con Indicación Xeográfica Protexida e licores únicos. Venres 22 e sábado 23 de maio, ás 12 horas.

Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea Arabo. Visita guiada e gratuíta ás súas instalacións. Venres 22 e sábado 23 de maio, de 11 a 14, e de 16 a 19 horas. O domingo 24, de 11 a 14 horas.

Obradoiro Fotografía. Combina fotografía e viño da man de Andrea Ara, quen axudará a mellorar a técnica fotográfica dos participantes. Despois visitarase a adega Eidos e degustará un albariño Rías Baixas. Sábado, 23 de maio, de 10.50 a 15 horas.

Obradoiro Cociñando con viño D.O. Rías Baixas. Quinta de San Amaro propón este taller, dirixido por unha profesora de cociña que axudará a prepara un primeiro, segundo prato e sobremesa. Todo elaborado con viños brancos e tintos desta denominación de orixe. A actividade inclúe a comida. Sábado 23 de maio.

Adegas participantes
As adegas do Roteiro do Viño Rías Baixas ofrecen visitas guiadas e gratuítas, previa reserva na propia adega. Son: Adega e Viñedos Paco & Lola, Adega Eidos, Adegas Terra de Asorei, Adegas Valmiñor, Bodega Casa da Barca, Bodegas As Laxas, Bodegas Fillaboa, Bodegas Martín Códax, Bodegas Viña Nora, Bouza de Carril, Lagar de Besada, Lagar da Cachada, Lagar de Fornelos, Pazo de Almuíña, Señorío de Rubiós, Terras Gauda e Torre Penelas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información