Prezos récord nos porcos, co temor á chegada da peste porcina

As exportacións europeas dispáranse pola perda de cabana gandeira de países coma China. España, principal exportador da UE ó país asiático

Prezos récord nos porcos, co temor á chegada da peste porcina

Evolución de prezos do porcino.

A expansión da peste porcina africana a nivel mundial está beneficiando ós países que se atopan polo de agora libres da enfermidade, como é o caso de España. O porcino acadou este ano na UE os seus maiores prezos medios desde o 2013, cun crecemento das exportacións dun 20%. Un dos mercados que está a aumentar máis as compras internacionais de porcino é China, que xa perdeu un terzo da súa cabana pola peste porcina africana. España é precisamente o país europeo que máis está a exportar a China.

O temor do sector céntrase na posible entrada en España da peste porcina africana, pois dunha coxuntura favorable pasaríase a unha seria crise. Hai xa 10 estados membros da Unión Europea afectados pola enfermidade: Eslovaquia, Bélxica, Bulgaria, Estonia, Hungria, Cerdeña (Italia), Letonia, Lituania, Polonia e Rumanía.

El sector avícola es el único que aumenta el consumo interno. Porcino y vacuno caen

Consumo interno e exportacións
En canto a consumo interno, o porcino, coma a maioría das carnes, está a experimentar leves descensos anuais. No caso do porcino, a Comisión Europea calcula que caerá un 2%, en tanto para o próximo ano estima unha baixada do 0,3%. En vacún, a redución do consumo este ano será dun 0,9%, segundo as estimacións da Comisión, en tanto que para o 2020 espérase un descenso similar, do 0,8%.

O único mercado que evoluciona en positivo no consumo interno é o avícola, con crecementos esperados para este ano do 2,4% e dun 1,6% para o próximo exercicio. En canto ós mercados exteriores, tanto en avicultura como no sector vacún espérase un aumento das exportacións no 2019 e no 2020. A parte negativa é que tamén se prevé un aumento das importacións o próximo ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información