Os xatos pintos de recría recuperaron prezos este martes en Silleda tras a caída da semana pasada: Os machos de menos de 20 días pagáronse de media a 292 euros, 30 máis que a pasada semana; os de 21 a 50 días -a categoría maís numerosa – cotizáronse a un prezo medio de 324 euros por animal, 9 euros máis, e os de máis de 51 días a 393 euros (+3 euros).
Na recría de cruce industrial as cotizacións foron máis irregulares: Os xatos de menos de 20 días subiron 6 euros de media, ata os 699 euros os machos; os de 21 a 50 días cotizáronse de media a 742 euros os machos (-8 euros) e as femias a 615 euros (-7 euros). Na categoría de máis de 51 días os becerros acadaron un prezo medio de 871 euros (+ 6 euros) e as femias a 671 euros (-35 euros).

Nos becerros carniceiros houbo unha suba xeral de prezos: Os de cruce pagáronse media a 1605 euros os machos e a 1460 euros as femias, o que supón unha suba con respecto á semana pasada de 11 e 86 euros, respectivamente. Os de raza Rubia Galega rexistraron un prezo medio de 1692 os machos e 1469 euros as femias ( (+93 euros e +1 euro, respectivamente)
No vacún maior as vacas de categoría Extra pagáronse a 2.662 euros de media (unha suba de 37 euros) e as de Primeira quedaron nos 1.398 euros (-20 euros).
No que respecta ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, no porco cebado no houbo cambios, nos leitóns rexistrouse unha baixada de 3 euros; e nos ovos e galiñas de desvelle mantivéronse as cotizacións.

Galego








Control OJD