Últimos prezos e entregas de leite

Últimos prezos e entregas de leite

O último informe de entregas de leite do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) recolle a mesma tendencia dos últimos meses. Desde abril, os prezos tenden á unha lixeira baixa, en paralelo á reducción de sólidos en leite habitual no verán, en tanto as entregas mantéñense un mes máis á alza, cunha suba acumulada no total do ano dun 2%.

Os prezos medios en xullo a nivel estatal foron de 47,3 céntimos (-0,5 no último mes), mentres en Galicia foron de 45,2 céntimos (- 0,4). Nas comunidades veciñas, Asturias situouse en 50,5 céntimos e Castilla y León en 48,5 céntimos.

A nivel de calidades, Galicia é a comunidade que máis sólidos presenta en leite a nivel de toda España, cun 3,70 de graxa e un 3,34 de proteína, en tanto a media estatal sitúase en 3,64 e 3,29.

En canto ós datos da produción ecolóxica, o prezo medio en Galicia situouse en 59 céntimos, na mesma liña da media estatal (59,7 céntimos).

Escenario europeo
En Europa, o aumento de produción acumulado nos primeiros seis meses do ano é dun + 0,9% da produción. O prezo medio do leite no campo sitúase en 46 céntimos, en tanto o prezo do leite equivalente, baseado na manteiga e no leite en po desnatado, está en 48,4 céntimos.

A tendencia á alza dos prezos dos produtos lácteos industriais puxo este verán o valor do leite equivalente por riba do prezo do leite no campo. Nas últimas catro semanas, a manteiga encareceuse un 3,9%, achegándose de novo ó seu record histórico, e o leite en po destanatado subiu un 2,4%.

En Italia, o prezo do leite spot (cisternas) está xa nos 61,8 céntimos.

Na outra punta do globo, en Nova Zelanda, a subasta quincenal de lácteos de Fonterra pechou hoxe en negativo, cunha baixada do – 0,4%, tras un verán marcado pola tendencia á alza no índice da subasta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información