O Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea ven de publicar os últimos datos de cotizacións dos produtos lácteos nos mercados europeos, correspondentes a esta semana.
Trala baixada de prezos da primeira semana de maio, na segunda destacou o repunte do leite en po enteiro (WMP) nun 1,2%, ata os 5,20 euros o quilo, o estancamento da manteiga, que oscilou un lixeiro 0,1% ata os 6,88 euros o quilo e a baixada tanto do leite desnatado en po, cuxo prezo caeu un 2,2% ata os 4,04 euros o qulo, como do queixo cheddar, que baixou un 0,9%, quedando nos 5,28 euros o quilo.
Polo que respecta á produción nos principais países exportadores, en Estados Unidos caeu un 1% entre xaneiro e marzo, comparado co mesmo período do 2021, mentres que en Nova Zelanda a produción estacional ata dende xuño do ano pasado até marzo deste baixou un 4% e en Australia un 3,2%.